Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 15 de febreiro de 1999 Páx. 1.687

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 5 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución dos procedementos sancionadores de incendios 072I/97 e 327I/97.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administravio común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la resolución dos prodementos sancionadores por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais (BOE nº 294, do 7) e do seu Regulamento do 23 de decembro de 1972 (BOE nº 38, do 13 de febreiro de 1973), por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia nº 311.000.1181 da Caixa de Aforros de Galicia, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados, que lles serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servivios múltiples, Monelos, A Coruña. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobro pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co previsto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso ordinario perante o conselleiro de

Medio Ambiente, no prazo dun mes, contado igualmente a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 5 de xaneiro de 1999.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: 072I/97.

Denunciado: Puente Torres, Ramón.

DNI: 32.420.796.

Último enderezo coñecido: Casanova de Eirís, A Coruña.

Feitos denunciados: queima sen autorización.

Tipificación Regulamento de incendios: artigo 137.B, cualificación: grave.

Sanción: 15.000 ptas.

Expediente: 327I/97.

Denunciado: Blanco Blanco, Manuel.

DNI: 76.347.066.

Último enderezo coñecido: lugar de Vilalba-Couceiro-Val do Dubra (A Coruña).

Feitos denunciados: queima en época prohibida.

Tipificación Regulamento de incendios: artigo 138.A, cualificación: moi grave.

Sanción: 15.000 ptas.