Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 15 de febreiro de 1999 Páx. 1.687

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 1999, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de conceción de explotación derivada do P.I. Apolo número 6850, situado no concello de Muxía (A Coruña), promovido por Joaquín Domínguez Lema.

En cumprimento do disposto no artigo 2, punto 4º, do Decreto 327/1991, de 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte días o organo ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude

RESOLVO:

1. Someter a información pública, o estudio de efectos ambientais do proxecto de concesión de explotación Apolo, situado no concello de Muxía (A Coruña) e promovido por Joaquí Domínguez Lema.

2. Para os devanditos efectos informativos, porase á disposisición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia da Coruña.

Concello de Muxía.

3. As alegacións formularanse durante o prazo de vinte días, contando a partir do seguinte día á publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 1999.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliacion Ambiental