Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 15 de febreiro de 1999 Páx. 1.686

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 14 de xaneiro de 1999 pola que se aproba o cambio de dominio da batea Lafuente VI.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que os interesado obtiveron a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e o artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG nº 228, do 21-11-1996) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, pro

clamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:

Nome do viveiro : Lafuente VI.

Cultivo: mexillón (M. galloprovincialis).

Localización : cuadrícula nº 326 Vilagarcía B.

Data da concesión : 28-4-1956.

Data do remate da última prórroga : 18-5-2006.

Anterior concesionario : Leiro Suárez, Evangelina (35.434.580).

Novos titulares concesión : Suárez Leiro, Vicente (35.413.473); González Rey, Genoveva (35.418.806); Suárez Leiro, Miguel-Benito (35.436.719) e Castro Carro, Mª Carmen (35.439.349).

Os novos concesionarios quedan subrogados nos mesmos dereitos e obrigas dos anteriores concesionarios, así como ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lles sexan aplicables e de categoría suficiente.

Vigo, 14 de xaneiro de 1999.

P.D. (Orde do 27-6-1990, DOG 134, do 10 de xullo)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo (Pontevedra)