Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 15 de febreiro de 1999 Páx. 1.686

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 14 de xaneiro de 1999 pola que se aproba o cambio de dominio da batea Soto I.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que os interesados obtiveron a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e o artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG nº 228, do 21-11-1996) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:

Nome do viveiro : Soto I.

Cultivo : mexillón (M. galloprovincialis).

Localización : cuadrícula nº 161 Vilagarcía B.

Data da concesión : 11-3-1964.

Data do remate da última prórroga : 21-4-2004.

Anteriores concesionarios : Bravo González, José-Ramón (33.173.129) e Collazo Ordóñez, Valentina (76.467.099).

Novo titular concesión: Mariño Padín, Juan-José (35.424.947).

O novo concesionario queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas dos anteriores concesionarios, así como ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.

Vigo, 14 de xaneiro de 1999.

P.D. (Orde do 27-6-1990, DOG 134, do 10 de xullo)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo (Pontevedra)