Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 15 de febreiro de 1999 Páx. 1.686

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 14 de xaneiro de 1999 pola que se aproba o cambio de dominio mortis-causa da batea Pescador II.

Visto o expediente incoado por Juan-Francisco Santiago Castro, no que solicita o cambio de dominio mortis-causa do viveiro fluctuante de cultivo de mexillón denominado Pescador II, outorgado pola orde ministerial do 19-4-1979, situado na cuadrícula nº 11, do polígono A de Cambados, rematando a concesión o 14-5-2004, e do que eran titular Manuel Santiago Outeiral e Juana Castro Suárez.

Tendo en conta o informado polo Servicio Técnico-Xurídico e de conformidade co sinalado no artigo 59.3º da Lei 6/1993 do 11 de maio, de pesca de Galicia e 10.1º do Decreto 406/1996, e considerando que ó expediente figuran unidos o certificado de defunción, a certificación do Rexistro de Últimas Vontades, o testamento outorgado por Manuel Santiago Outeiral, a escritura de partición da herdanza e a documentación acreditativa do pagamento ou da presentación ó pagamento do imposto de sucesións e doazóns, esta consellería tivo a ben acceder ó solicitado, declarando titulares da concesión administrativa e do viveiro do que se trata, nas mesmas condicións cás expresamente consignadas na orde ministerial de outorgamento, a favor de Juan-Francisco Santiago Castro (35.467.763), José-Manuel Santiago Castro (35.430.652), Mª Rosa Santiago Castro (35.443.303) e Emma-Cristina Santiago Castro (35.455.408).

Os novos titulares subróganse no prazo, dereitos e obrigas dos anteriores, e quedan obrigados a observa-las disposicións en vigor sobre este particular.

Vigo, 14 de xaneiro de 1999.

P.D. (Orde do 27-6-1990, DOG 134, do 10 de xullo)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo (Pontevedra)