Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 12 de febreiro de 1999 Páx. 1.592

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 21 de xaneiro de 1999, do Servicio Provincial de Transportes da Coruña, pola que se notifican resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios (expediente XC-00723-S-98 e catro máis).

Pola presente cédula, notifícaselles ós denunciados, cos datos e últimos enderezos coñecidos que

se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras, dictadas polo delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Coruña, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso ordinario perante o director xeral de Transportes, no prazo dun mes contado desde o día seguinte á publicación da presente cédula.

No caso de conformidade con estas resolucións, dispoñen dun prazo de quince días para o seu pagamento en voluntaria, facendo efectiva a multa mediante ingreso a favor do Tesouro da Facenda galega, conta de recadación de multas e sancións número 1302 6000 08 13.763.620, da Caixa Postal de Aforros.

Transcorrido este prazo, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o prescrito no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, (BOE nº 285, do 27 de novembro).

E para que conste e lles sirva de notificación ós denunciados de enderezos descoñecidos e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da citada lei, expido, asino e selo a presente cédula na Coruña, 21 de xaneiro de 1999.

Gonzalo López González

Xefe do Servicio Provincial de Transportes

da Coruña

ANEXO

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

XC-00723-S-98

PO-2043-AN

G.C. Tráfico

Ttes. Anamaisa, S.L.

B. do Monte-Sanguiñeda, 158

36418 Mos (Pontevedra)

Realizar un transporte de mercadorías (instrumentos musicais) desde San Adrián de Toba a Rianxo, carecendo de tódolos distintivos de ámbito e radio de acción.

17-6-1998; 7.50; CP-4602; 0,500

O.M. 25 de outubro de 1990Art. 143 Lei 16/1987, Art. 201 Real decreto 1211/199015.000 ptas.
XC-00739-O-98

C-6414-BB

G.C. Tráfico

Juan Francisco Couce Cortizas

Pérez Porto, 3-8º D

15007 A Coruña

Circular transportando unha formigoneira e estadas para obra, desde A Coruña a Ortigueira, carecendo dos tres distintivos no vehículo.

26-5-1998; 13; N-651; 11,500

O.M. 25 de outubro de 1990 (BOE 30)Art. 143 Lei 16/1987, Art. 201 Real decreto 1211/199015.000 ptas.
XC-00802-O-98

LE-6619-E

G.C. Tráfico

Ramón Gómez Torres

Camafreira Nantón, s/n

15149 Cabana (A Coruña)

Circular cun camión que transporta chatarra carecendo da tarxeta de transporte.

4-6-1998; 16.15; C-552; 50

Art. 103 da Lei 16/1987 e Art. 158 do Real decreto 1211/1990Art. 143 Lei 16/1987, Art. 201 Real decreto 1211/199025.000 ptas.
XC-00818-O-98

C-1381-BU

G.C. Tráfico

Isidro D La Cal Frescosa, S.A.

Concepción Arenal, 9

15006 A Coruña

Carece-lo vehículo de tódolos distintivos. Transporta lagostas.

11-6-1998; 12.45; A-9; 16

O.M. 25 de outubro de 1990 (BOE 30)Art. 143 Lei 16/1987, Art. 201 Real decreto 1211/199015.000 ptas.

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

XC-01043-O-98

C-3844-BG

G.C. Tráfico

Traspome, S.L.

Madalena-estrada de Lugo, km 56

15800 Melide (A Coruña)

Circular un vehículo obrigado a utilizar tacógrafo, non anotando o seu conductor tódolos datos obrigatorios na parte central do disco de data 11-9-1998 (derradeiro da semana que conduciu, itinerario incompleto, data en que cambia o día e tamén km que remata e percorridos).

14-9-1998; 19.55; AC-113; 3,800

Art. 15 do R(CE) 3821/1985Art. 143 Lei 16/1987, Art. 201 Real decreto 1211/199015.000 ptas.