Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 12 de febreiro de 1999 Páx. 1.593

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/9-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C. Punta Plancha.

Situación: Malpica de Bergantiños.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV baixo tubo e en conductor R.H.V.-12/20 kV de 3 (1x150) mm Al, de 350 m de lonxitude, con orixe no C.T. San Antonio e final no C.T. de Punta Plancha, que se vai instalar. Centro de transformación en caseta prefabricada de 400 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, do que parte a R.B.T. subterránea en conductor R.V. e grampada en conductor R.Z. de 120 m de lonxitude. Concello de Malpica de Bergantiños.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 13 de xaneiro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña