Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 12 de febreiro de 1999 Páx. 1.591

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE RIBEIRA

EDICTO (126/1998).

O secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos de Ribeira, fai saber que, neste xulgado e por instancia de Margarita Ríos Sieira se tramita expediente co número 126/1998, sobre declaración de falecemento do seu esposo José Joaquín Laíño Blanco, natural de Boiro, fillo de Alfonso Laíño Sayáns e de Elena Blanco López, desaparecido en mar aberto cando navegaba formando parte da tripulación do buque firgorífico Albacora Frigo, nun lugar indeterminado na ruta de Mombasa a Suez o día 14 de xullo de 1995. Transcorreron máis de dous anos sen que se volvese a ter noticias do desaparecido con posterioridade á data indicada e é polo que no expediente se acordou, en virtude do establecido no artigo 2042 da Lei de axuizamento civil, a publicación do presente edicto no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, que se realizará por dúas veces consecutivas con intervalo

de quince días, dando coñecemento da existencia do referido expediente.

Dado en Ribeira o dous de novembro de mil novecentos noventa e oito.

O secretario

Rubricado