Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 12 de febreiro de 1999 Páx. 1.571

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 10 de febreiro de 1999 pola que se determinan os servicios mínimos durante a folga convocada para os días 14 e 21 de febreiro no centro de traballo da mina da Empresa Nacional de Electricidad, S.A. (Endesa) nas Pontes de García Rodríguez.

O artigo 28.2º da Constitución española recoñece o dereito de folga dos traballadores para a defensa dos seus intereses, a pesar de que limite o seu exercicio para garanti-lo mantemento dos servicios esenciais da comunidade. O Decreto 155/1998, do 9 de xuño, no seu artigo 3 faculta o conselleiro competente por razón dos servicios esenciais afectados para que, mediante orde, e ante unha situación de folga, decida o mínimo de actividade necesaria para asegura-lo

mantemento dos servicios, así como para determina-lo persoal preciso para a súa prestación.

Por esta razón, cómpre a determinación de servicios mínimos ó ter carácter esencial os de abastecemento e mantemento de bens de utilidade pública, tal como recoñece o propio Decreto 155/1998, do 9 de xuño, da Xunta de Galicia, e, convocada a folga para os días 14 e 21 de febreiro de 1999 no centro de traballo da mina de Endesa nas Pontes de García Rodríguez, esta consellería, oído o comité de folga, e en virtude das competencias que lle atribúe o mencionado decreto e demais disposicións de aplicación,

DISPÓN:

Artigo 1º

Mentres dure a folga anunciada para o día 14 de febreiro, que comezará ás 6 horas do citado día e rematará ás 6 horas do día 15-2-1999, e para o día 21 de febreiro, que comezará ás 6 horas do citado día e rematará ás 6 horas do día 22-2-1999 no centro de traballo da mina de Endesa nas Pontes de García Rodríguez, os servicios mínimos serán os seguintes:

1. Días 14 e 21 de febreiro (domingo):

Producción:

Postos de traballoDenominación postoNº persoas/días

1Operador subestación, tesouro3

1Operador centro control3

Obras:

Postos de traballoDenominación postoNº persoas/días

1Xefe de equipo bombeo3

1Bombeiro3

Operación mantemento:

Postos de traballoDenominación postoNº persoas/días

2Oficial eléctrico mina6

No caso de producirse algunha avaría ou incidente de carácter grave, a dirección e o comité de folga reuniranse co fin de acorda-lo persoal necesario para a correspondente reparación.

Artigo 2º

O incumprimento desta obriga de mante-los servicios mínimos fixados na presente orde será sancionado de conformidade coa lexislación vixente aplicable.

Artigo 3º

A presente orde entrará en vigor o mesmo día ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 1999.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio