Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 12 de febreiro de 1999 Páx. 1.572

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de decembo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Sociedad Estatal de Estiba y Desestiba del Puerto de Ferrol, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa Sociedad Estatal de Estiba y Desestiba del Puerto de Ferrol, S.A. que tivo entrada nesta delegación provincial o día 17-12-1998, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e, da parte social polo delegado de persoal o día 17-4-1998, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballladore, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia e traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 28 de decembro de 1998.

P.S. (Decreto 227/1998, do 10 de xullo)

María Silva Costoya

Secretaria provincial da Coruña

Convenio colectivo dos estibadores portuarios

do porto de Ferrol

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

O presente convenio regulará as relacións laborais e de asistencia social entre a Sociedad Estatal de Estiba y Desetiba del Puerto de Ferrol, S.A. e as empresas asociadas, co colectivo de traballadores en réxime de relación laboral especial e común que interveñan na realización das actividades portuarias, constitutivas do servicio público, de estiba e desestiba de buques, así como as complementarias -sen o carácter de servicio público a que se refiren os artigos 2 e 6 do R.D. 371/1987- de entrega e recep

ció, enchido e baleirado de contendores e consolidación e desconsolidación de mercadorías, sempre que se realicen no porto, cando os ditos labores complementarios sexan efectuados polo persoal arriba indicado.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Quedan sometidos ó presente convenio:

1. A Sociedad Estatal de Estiba y Desetiba del Puerto de Ferrol, S.A.

2. As empreas estibadoras que teñan encargada a xestión do servicio público de estiba e desetiba.

3. Os traballadores portuarios que teñan a condición de fixos da Sociedad Estatal de Estiba e Desestiba del Puerto de Ferrol, S.A. con relación laboral especial, ou os que viñesen desempeñando unha relación laboral como fixos de empresa, ou que, suspendida temporalmente a relación laboral especial, constituísen unha relación laboral común cunha empresa estibadora, de conformidade co establecido no artigo 10 do Real decreto lei 2/1986, do 23 de maio.

Artigo 3º.-Garantía ad personam.

Respectaranse as situacións persoais que, en concepto de percepcións de calquera clase e no seu conxunto en cómuto global anual, sexan máis beneficiosas cás fixadas no presente convenio colectivo, entendéndose estrictamente ad personam.

Artigo 4º.-Ámbito temporal.

O presente convenio entrará en vigor o 1 de xaneiro de 1997 e estenderá a súa vixencia temporal a ta o 31 de decembro de 1998.

Calquera dos asinantes poderá denuncialo con dous meses de anticipación ó seu vencemento. En todo caso, en materia de prórroga, aplicarase o que dispoña a lexislación vixente.

Artigo 5º.-Ámbito territorial.

O presente convenio é de aplicación ó porto de Ferrol.

Para efectos deste convenio entenderase por «zona portuaria» a definida como tal polo órgano da Administración que teña as competencias xerais sobre as actividades do porto de Ferrol, de acordo co artigo 2 do Real decreto 371/1987, do 13 de marzo.

Artigo 6º.-Vinculación á totalidade.

As condicións pactadas forman un todo orgánico e indivisible e, para efectos da súa aplicación práctica, serán consideradas globalmente. No suposto previsto no artigo 90.5º do Estatuto dos traballadores, terase en conta o que resolva a xurisdicción competente.

Artigo 7º.-Comisión paritaria.

A comisión paritaria prevista no artigo 85.2º e) do Estatuto dos traballadores, estará composta por seis (6) membros, tres (3) en representación dos traballadores (sindicatos asinantes), e outros tres (3),

en representación da sociedade e empresas estibadoras (2 representantes da sociedade estatal e 1 das empresas estibadoras), que serán designados polas respectivas representacións na comisión negociadora deste convenio.

Poderán asistir ás sesións da comisión paritaria, con voz pero sen voto, os asesores que as partes consideren convenientes, cun máximo de dous por cada parte.

Serán funcións xerais da comisión paritaria, ademais das que se lle asignan especificamente no texto do convenio, as seguintes:

-A interpretación auténtica deste convenio.

-A mediación entre as partes, acordando estas someterse á súa conciliación e arbitraxe, intervindo con carácter preceptivo e previo, en tódolos conflictos que poidan xurdir. Para os indicados efectos, consideraranse conflictos os seguintes: o exercicio do dereito de folga, as medidas de conflicto colectivo promovidas por empresarios ou traballadores, a modificación das condicións de traballo, os despedimentos colectivos ou por circunstancias obxectivas, e aqueloutros que as partes acorden no seo da comisión.

Corresponderalle á representación social ou empresarial que decida iniciar conflictos a convocatoria da comisión paritaria, para promove-lo conflicto e as alternativas de solución, debéndose reunir esta, como máximo, dentro das 48 horas seguintes á convocatoria. Para estes efectos a comisión paritaria poderá acorda-la designación dun ou tres árbitros, para a solución de calquera conflicto por vía da arbitraxe de equidade, sen prexuízo das competencias atribuídas á comisión mixta do II Acordo Sectorial.

A preceptiva intervención da comisión paritaria non lle impedirá á parte social ou empresarial a iniciación dos trámites conciliatorios ou de aviso previo que teñan carácter obrigatorio e previo ó exercicio de accións ante órganos xurisdiccionais, administrativos ou de medidas de presión, cando así se esixa por disposición legal.

-A colaboración nos traballos asumidos pola comisión mixta do II Acordo Sectorial cando así lle sexa solicitado por ela.

-Para a súa validez, os acordos da comisión paritaria deben ser adoptados pola maioría dos votos de cada unha das representacións.

Capítulo II

Plan de emprego

Artigo 8º.-Estructura do persoal.

De acordo co previsto no segundo acordo sectorial, e cumprindo o disposto no seu artigo 6º, convense

un plan de emprego para o porto de Ferro, que se somete ós seguintes principios:

a) Entenderase por nivel óptimo de empregos dos estibadores suxeitos a relación laboral especial, o 85% da xornada máxima convencional, computada no ámbito do porto, anaualmente, e a rendemento habitual. A este respecto a xornada devandita suporá un máximo de 228 quendas anuais en xornada de 8 horas; o seu equivalente anual en horas, no caso do persoal efectuar aleatoriamente xornadas tanto de 6 como de 8 horas e de 274 quendas en xornada de 6 horas.

b) Co obxecto de determina-lo nivel de ocupación e para establece-lo nivel óptimo de emprego, computaranse as quendas traballadas a rendemento habitual, con aplicación da polivalencia e mobilidade pactadas no Acordo sobre Clasificación Profesional do 14 de decembro de 1994. De non concorreren as indicadas condicións de polivalencia e mobilidade, computarase -nas operacións portuarias efectuadas-, o tempo de traballo a rendemento habitual dentro da quenda, calquera que sexa a denominación ou cómputo que a nosa normativa lle outorge ó tempo contratado.

O cómputo será realizado anualmente por porto e, en atención ó traballo dos traballadores portuarios con relación laboral especial en activo. Deduciranse os períodos de baixas ou xornada non realizadas polas causas de suspensión do contrato de traballo, sen superar, para estes efectos, o 5% anual.

c) As partes asinantes comprométense a facilita-la mobilidade funcional no seo dos grupos profesionais na forma establecida no Acordo de Clasificación Profesional das Sociedades de Estiba e Desestiba alcanzado pola comisión mixta e que forma parte integrante deste convenio como anexo III (páx. 27).

Cando nunha xornada se esgoten as listas de rotación de cada grupo profesional, implantarase a polivalencia e mobilidade funcional entre grupos, sendo preferente o de relación laboral especial en caso de dobraxe, coa única limitación da capacitación profesional.

d) Para efectos de mante-lo actual nivel do cadro de persoal durante a vixencia do convenio, a empresa comprométese a elevarlle á comisión mixta do II Acordo Sectorial as propostas necesarias para tal fin. Os mantementos do cadro de persoal efectuaranse segundo o previsto no artigo 14 do R.D.L. 2/1986, do 23 de maio.

Capítulo III

Solicitude de traballadores portuarios

Artigo 9º.-Procedemento.

As empresas estibadoras solicitarán da sociedade estatal os traballadores portuarios que precisen para

a realización das súas actividades portuarias constitutivas do servicio público e, se así o requirisen da sociedade estatal aquelas complementarias que necesitasen, e esta deberá proporcionárllelos e organizar diariamente a distribución e adscrición dos seus traballadores mediante o sistema de rotación.

Os cargos de confianza, capataces, controladores de mercadorías e oficiais (corresponderanlles a estes últimos as funcións de sinalización das operacións), unha vez dado cumprimento ó disposto no artigo 11 do R.D.L. 2/1986, do 23 de maio, serán ocupados con absoluta preferencia con persoal fixo da sociedade estatal, que será repartido homoxeneamente entre tódolos barcos. Os postos de capataz, controlador de mercadorías e oficial, unha vez destinado todo o persoal propio, poderán ser ocupados por traballadores que teñan a debida cualificación.

As empresas formularán a solicitude por escrito, con determinación do número de traballadores e especificación dos grupos profesionais interesados e con mención dos seguintes particulares, entre outros que fixe o impreso:

a) Identificación do lugar de prestación dos servicios.

b) Natureza dos servicios que se prestarán.

c) Tipo de medio de transporte empregado.

d) Natureza das mercadorías que se manipularán.

e) Tipo e características da unidade de carga.

f) Medios mecánicos que se utilizarán.

g) Horario de traballo.

Capítulo IV

Contratación de traballadores portuarios polas empresas estibadoras

Artigo 10º.-Procedemento de contratación.

De acordo co artigo 8 do II Acordo Sectorial, as empresas estibadoras que desexen contratar como fixos nos seus cadros de persoal traballadores portuarios vinculados á sociedade de estiba, efectuarán unha oferta innominada, con detalle do grupo profesional, especialidade e función que se densenvolverá.

A sociedade de estiba comunicaralles esta oferta á representación legal dos traballadores e ós traballadores en quen concorran as condicións da proposta. En todo caso publicarao no taboleiro de anuncios para xeral coñecemento e por termo de seis chamamentos.

Os traballadores que, voluntariamente, opten ó posto de traballo ofertado, comunicaranllo á sociedade estatal de estiba e esta, unha vez transcorrido o prazo previsto no parágrafo anterior, trasladaralle á empresa solicitante as ofertas recibidas, incluíndo os datos profesionais dos traballadores e a orde de

antigüidade destes. Á vista dos datos indicados, a empresa decidirá libremente.

De non existiren voluntarios ou de non acepta-la empresa ningún dos presentados, aplicarase o que a normativa vixente establece ó respecto.

Artigo 11º.-Efectos da contratación.

Os traballadores contratados polas empresas estibadoras quedarán vinculados a elas por relación laboral común, como fixos no cadro de persoal, ou con calquera outra modalidade contractual prevista na lexislación vixente.

A contratación por unha empesa estibadora dun traballador portuario vinculado á sociedade de estiba producirá a suspensión da relación laboral especial que os unía, a cal quedará restablecida no suposto de que se producise a extinción do seu contrato coa empresa polas causas previstas no Estatuto dos traballadores coas excepcións que se establecen no parágrafo 2º do artigo 10 do Real decreto lei 2/1986.

En tódolos supostos indicados, tanto a empresa contratante como a sociedade de estiba, ó reinicia-la relación laboral suspendida, deberán recoñece-la antigüidade que persoalmente acreditase o traballador portuario.

Cando o traballador portuario reinice a relación coa sociedade respectiva, seranlle de aplicación as condicións de traballo e os dereitos económicos dos traballadores do seu mesmo grupo profesional.

Artigo 12º.-Contratación de fixos no cadro de persoal.

Durante a vixencia deste convenio, as empresas estibadoras ocuparán, como fixos nos seus cadros de persoal, unha cota de traballadores portuarios equivalente ós necesarios para atender, como mínimo, o 25% do total de quendas traballadas no porto en labores portuarios de servicio público, segundo se recolle no vixente prego de cláusulas de explotación do servicio público de estiba e desestiba de buques no porto de Ferrol, aínda que se deberá crear en cada empresa unha estructura mínima dun traballador portuario, todo isto de acordo coas disposicións de aplicación.

Capítulo V

Xornada, horarios, festas, vacacións

Artigo 13º.-Xornada.

A xornada ordinaria de traballo será de 40 horas semanais de traballo efectivo de media en cómputo anual. Dada a irregularidade na prestación do traballo no porto, o control e cómputo da xornada ou quendas, recollidos no artigo 8º a), realizarase anualmente para cada traballador. Na ordenación da xornada (unha ou dúas quendas, en suposto de reenganche) salvagardaranse os límites da duración máxima e os descansos legais.

Artigo 14º.-Horario.

Os gorarios de traballo dispoñibles serán os seguintes:

A. De luns a venres:

1ª quenda: 8 a 12-13.30 a 17.30 (xornada partida).

2ª quenda: 13.30 a 19.30 (xornada intensiva).

3ª quenda: 17.30 a 23.30 (xornada intensiva seminocturna).

B. Sábado:

1ª quenda: 8 a 14 (xornada intensiva).

2ª quenda: 14 a 20 (xornada intensiva).

C. Domingos e festivos:

1ª quenda: 8 a 14 (xornada intensiva).

Durante todo o ano, para todo tipo de buques e mercadorías, habilitarase, respectando os arriba indicados, un novo horario de traballo que, en catro xornadas intensivas (8 a 14, 14 a 20, 20 a 2, 2 a 8), garantirá a actividade continuada durante toda a xornada. Terase presente que, unha vez elixidas as xornadas intensivas de 20 a 2 ou de 2 a 8, non se poderá cambiar a xornada partida, debendo por tanto efectuarse toda a tarefa con xornadas intensivas.

Para tódolos efectos, as 24 horas de xornada computaranse a partir das 8 horas de cada día e non das 00 horas.

O traballo en domingos e festivos será realizado exclusivamente mediante as xornadas intensivas de 8 a 14, 14 a 20, 20 a 2 ou 2 a 8.

Os quince minutos de descanso das xornadas continuadas (19.15-19.30, 23.15-23.30, 13.45-14, 19.45-20, 1.45-2 e 7.45-8) terán a consideración de tempo de traballo efectivo.

Horas extra: de acordo coa normativa vixente.

Tódolos traballadores de relación laboral especial deberán mante-la plena dispoñibilidade para a súa ocupación conforme as quendas de traballo, sistema de nomeamento e xornadas establecidas, debendo cumprir coa realización das tarefas nos seus respectivos postos de traballo.

Computarase como xornada cumprida cando, xa nomeado o traballador, por causas alleas á súa vontade, non se realicen operacións.

Calquera irregularidade observada, tanto por parte da empresa estibadora como polos traballadores, notificaráselle ó capataz da operación e este ó xerente de SEYDEFE. Calquera outra xornada poderá ser acordada pola dirección da sociedade estatal e o delegado de persoal en función das necesidades.

As actividades de estiba e desestiba nos portos de interese xeral constitúen un servicio público esencial e, por este carácter, deberán estar sempre garantidas. Xa que logo, o traballo en sábados pola tarde, domingos e festivos tentarase cubrir inicialmente con

persoal voluntario da sociedade estatal, respectándose a orde da lista de rotación e complementándose co persoal que sexa necesario. Respectaranse sempre aqueles traballadores que realizasen xas as 40 horas semanais ou 6 xornadas de traballo na dita semana. Igualmente, respectarase para o traballo en sábados pola tarde aqueles traballadores que efectuasen xornada pola mañá. En caso de realizarse as xornadas de sábado pola tarde, domingo ou festivo, traballador e sociedade estatal poranse de acordo para o primeiro desfrutar obrigatoriamente o descanso correspondente na forma habitual. A remuneración, en todos estes casos (sábados a partir das 14 horas e as 24 horas de domingos e festivos) terá un valor do 100% do asignado en táboas ós xornais realizados de luns a venres, de 13.30 a 19.30 en xornada intensiva, sen aboamento, caso de producirse, do cambio de operación.

Dada a irregularidade do tráfico marítimo, os traballadores manifestan a súa disposición de atender voluntariamente os reenganches que ofrezan as empresas estibadoras debidos ó exceso ou acumulación de traballo. Con tal obxecto, o reenganche non poderá exceder dunha quenda de traballo ó día nin dun total de trinta quendas mensuais, salvo que o traballador aceptase voluntariamente outros nomeamentos. Entre a finalización dunha xornada (unha ou máis quendas, no suposto de reenganche) e o inicio da seguinte respectaranse os descansos legais.

Sen prexuízo do indicado no parágrafo anterior, a representación legal dos traballadores poderá acordar non atender colectivamente os pedidos de reenganche das empresas. En tal caso deberá pólo en coñecemento da sociedade de estiba cunha antipación mínima de 72 horas, en prexuízo da competencia propia da comisión paritaria.

Prohíbese, con carácter xeral, que un mesmo traballador da sociedade de estiba realice dúas quendas no mesmo día cando exista outro da mesma sociedade que, podendo efectuar tal actividade, non tivese ocupación efectiva no día, a non ser que fose de descanso regulamentario.

A maior regularidade na distribución do traballo dos traballadores vinculados por relación laboral común conduce, conforme o estipulado no artigo 6.c), parágrafo 2º do II Acordo Sectorial, á preferencia do traballador de relación laboral especial cualificado para a realización dos reenganches.

A aplicación das anteriores estipulación non poderá vulnera-lo disposto no II Acordo Sectorial.

Os días de Noiteboa, fin de ano, e 16 de xullo a xornada única será de 8 a 14 horas.

Artigo 15º.-Remate de buques.

Para finaliza-la operación do buque, as empresas estibadoras poderán dispor de 1 hora de remate, en tódalas xornadas sen ningunha limitación. A retribución da hora de remate será recollida nas táboas de salarios, anexo I. No procedera á percepción da

hora de remate se o traballador a realizas e dentro doutra xornada laboral para a cal xa fose nomeado previamente.

Artigo 16º.-Nomeamentos.

A sociedade estatal ten a facultade de distribución rotacional do persoal para os distintos traballos para os que este foi requirido, distribuíndoo de acordo coas necesidades do porto. Realizaranse da seguinte maneira:

Os nomeamentos realizaranse de luns a venres ás 7.45 e ás 13.15 horas. O nomeamento para sábados pola tarde, domingos e festivos realizarase, no caso do sábado pola tarde, no nomeamento de sábado ás 7.45, e para domingos e festivos, as vésperas no das 7.45 e 13.15 respectivamente. Só no caso de que, nese sábado ou véspera de festivo se estivese traballando un buque en xornada continuada de 24 horas, e se soubese con certeza a continuidade da operación ó día seguinte, poderán as empresas estibadoras pedir un novo nomeamento para ese buque que se realizaría, neste caso, ás 7.45 horas do domingo ou festivo en cuestión. Así mesmo, en caso de coincidencia de dous festivos contiguos ou dun domingo e un festivo, e condicións de traballo nun buque idénticas ás mencionadas anteriormente, disporase tamén un nomeamento para este buque ás 7.45 horas no segundo dos días.

Comezarase a nomear sempre polo traballador que está de primeiro na lista de rotación de cada grupo profesional. A sociedade estatal, segundo nomea, deberá inescusablemente comunicarlle a todo o persoal o cometido que ten que realizar e o grupo profesional para a que é nomeado, segundo as follas de petición das empresas estibadoras, e de acordo coas normas mínimas establecidas neste convenio.

Os capataces distribuirán os traballadores ó seu cargo tal e com son nomeados. As ordes efectuadas polos capataces deberán ser respectadas polos traballadores, cumprindo en todo momento as normas establecidas por este convenio. Os xornais complementarios, non mans, solicitados en xornada partida, non levarán implícito capataz sempre que, para estes, non se supere o tempo de xornada do capataz nomeado. A falta de asistencia inxustificada ó nomeamento poderá carrexa-la correspondente sanción, de acordo co artigo 36º deste convenio.

Artigo 17º.-Festas.

As festas que cada ano desfrutarán os traballadores serán as que estableza a autoridade laboral no calendario correspondente da localidade respectiva, sen prexuízo de que nas ditas festividades se poidan realizar actividades portuarias, cando sexa necesario, e de acordo co recolllido sobre traballo en festivos no artigo 14º deste convenio. Igualmente, considerarase festivo o 16 de xullo.

Artigo 18º.-Vacacións.

Os traballadores portuarios, tanto vinculados por relación laboral común como por relación laboral

especial, desfrutarán de 30 días naturais de vacacións anuais, retribuídas na forma que se indica no artigo 27º. O período de desfrute fixarase de común acordo entre o traballador e a empresa.

Dentro dos tres primeiros meses do ano natural, a empresa confeccionará e publicará un plan de desfrute de vacacións, coas diversas quendas por grupos profesionais, ás que poderán optar tódolos traballadores afectados por este convenio.

As ditas quendas estenderanse do 15 de xuño ó 30 de setembro e o mes de decembro. A preferencia para elixir quendas efectuarase, en cada grupo profesional, por rotación anual entre os traballadores que o integren, de acordo co artigo 38 do Estatuto dos traballadores.

A relación das vacacións asignadas publicarase no taboleiro de avisos da sociedade estatal e no de tódalas empresas estibadoras para coñecemento dos traballadores.

Fóra das quendas programadas, o desfrute das vacacións en calquera outra época do ano quedará suxeito ó acordo individual do traballador coa súa empresa, podéndose fraccionar en períodos mínimos de 7 días, ou superiores que sexan múltiplos de 7, e o resto necesario ata completa-los 30 días.

Artigo 19º.-Licencias retribuídas.

O traballador, logo de avisar e con causa xustificada, poderase ausentar do traballo, con dereito a remuneración, por algún dos seguintes motivos e polo tempo que se indica a continuación:

-20 días naturais en caso de matrimonio.

-2 días por nacemento de fillo/a. En caso de gravidade 5 días.

-2 días en caso de enfermidade grave de parentes ata o segundo grao de consanguinidade; 5 días en caso de requirir desprazamento a outra provincia.

-3 días en caso de falecemento de familiar ata o segundo grao; 5 días en caso de requirir desprazamento a outra provincia.

-1 día por cambio de domicilio.

-Polo tempo imprescindible para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal.

En todos estes casos o traballador percibirá o salario/día garantido, que se lle aboará na nómina correspondente do mes en que se produzan as ditas licencias.

Capítulo VI

Condicións retributivas

Artigo 20º.-Estructura da retribución.

En cumprimento do establecido no artigo 9.3º do segundo acordo sectorial, fíxase con carácter men

sual a seguinte estructura retributiva, a cal se realizará e aboará por nómina mensuais no lugar de costume.

-Salario base.

-Salario garantido.

-Antigüidade.

-Xornal.

-Plus de transporte.

-Pagas extra.

-Vacacións.

-Horas extraordinarias estructurais.

Artigo 21º.-Salario base.

O salario base será o que se reflicte no anexo I.

Artigo 22º.-Salario mínimo garantido.

O salario mínimo garantido será o mesmo para tódolos grupos profesionais e a sá contía será de 169.484 e 173.043 pesetas ó mes para os anos 1997 e 1998 respectivamente.

Artigo 23º.-Complemento persoal de antigüidade.

Tódolos traballadores portuarios, tanto os vinculados por relación laboral común como por relaciónlaboral especial, percibirán un complemento persoal de antigüidade consistente en quinquenios, da contía de 5.659 e 5.778 ptas. por quinquenio, para os anos 1997 e 1998 respectivamente, igual para tódolos grupos profesionais, e que se percibirá nos doce meses naturais do ano.

A data incial do cálculo dos quinquenios será a que teñen actualmente recoñecida os traballadores e, respecto ós de novo ingreso, a da súa contratación.

Artigo 24º.-Xornais, plus de destino e productividade.

Os días que o traballador preste servicios efectivamente, percibirá os xornais establecidos nas táboas de salarios, anexo I, de acordo co traballo que desempeñe. O cambio de operación aboarase segundo os valores recollidos nas anteditas táboas de salarios.

A diferencia entre os días laborables do mes e o número de xornais traballados no dito mes aboarase a 5.649 e 5.768 ptas./día para os anos 1997 e 1998 respectivamente.

En caso de IT proveniente de enfermidade, o traballador percibirá durante os 20 primeiros días daquela o 75% da base reguladora día/enfermidade do mes anterior á baixa. Así mesmo, se o tempo que estivese o traballador en situación de IT por enfermidade superase o período dun mes, a partir deste terá garantido o devengo íntegro do salario garantido durante un período máximo de seis meses.

En caso de IT proveniente de accidente laboral o traballador percibirá un complemento de 700 ptas. por día de accidente, durante un período máximo

de doce meses. En caso de hospitalización por IT por accidente laboral, debidamente xustificada, este complemento ampliarase ata gatanti-lo devengo do 100% da base reguladora/días accidente do mes anterior á baixa, durante o tempo de hospitalización.

Artigo 25º.-Plus de transporte.

Establécese un plus de transporte fixo de 10.703 e 10.928 ptas. mensuais, para os anos 1997 e 1998 respectiamente independentemente do número de horas traballadas. Cada vez que un traballador asista ó nomeamento de domingo ou festivo e saia nomeado en calquera quenda diferente á de 8 a 14, engadiránselle a este plus 328 e 335 pesetas para os anos 1997 e 1998 respectivamente.

Artigo 26º.-Pagas extraordinarias.

Os días 15 dos meses de xullo de decembro tódolos traballadores portuarios percibirán unha paga dunha contía burta de 157.718 e 161.030 ptas. para os anos 1997 e 1998 respectivamente, igual para tódolos grupos profesionais. Para os efectos de percepción destas pagas considerarase como efectivamente traballado o tempo de IT derivado de accidente laboral. En caso de enfermidade común tese un mínimo de 140.819 e 143.776 pesetas para os anos 1997 e 1998 respectivamente.

Nos supostos de ingreso ou cesamento do traballador no curso do ano, as pagas de referencia percibiranse en proporción ós meses traballados posterior ou anteriormente.

Artigo 27º.-Retribución das vacacións.

No mes de vacacións tódolos traballadores portuarios percibirán a media das retribucións brutas percibidas nos últimos doce meses (período xuño/maio) garantíndose como mínimo o salario garantido do anexo I.

Artigo 28º.-Horas extraordinarias estructurais.

Consideraranse horas extraordinarias estructurais, dentro do sector afectado polo presente convenio, as realizadas por necesidades do servicio, de acordo co artigo 3 da Orde do 1 de marzo de 1983, publicada no BOE do 7 de marzo, e as realizadas por necesidades de servicio os sábados, domingos e festivos.

Artigo 29º.-Cotización á Seguridade Social.

A cotización á Seguridade Social será en función dos correspondentes grupos profesionais, de acordo co que establecen as normas do réxime especial da Seguridade Social dos Traballadores do Mar, aplicable ós traballadores portuarios.

Capítulo VII

Formación profesional, clasificación profesional, ascensos

Artigo 30º.- Formación profesional.

As partes conveñen na necesidade prioritaria de establecer uns plans permanentes de formación pro

fesional dos estibadores portuarios asumindo o contido íntego do I Acordo Estatal de Formación Continua para o Sector de Estiba.

A sociedade de estiba, por iniciativa propia, ou por proposta da comisión tripartita de formación do convenio, asume a responsabilidade de impulsar e coordina-las accións formativas, en colaboración coas empresas estibadoras, os estibadores portuarios e a Administración do Estado.

Con este fin as empresas porán en coñecemento da comisión tripartita de formación, calquera proxecto de implantación de novas tecnoloxías, maquinaria ou instalacións que requiran a formación de profesionais de especialidades non existentes na actualidade. A dita comunicación realizarase coa anticipación suficiente para que se poidan organiza-las accións formativas de forma que as empresas poidan dispor do persoal capacitado antes de iniciarse a implantación da innovación.

Tódalas accións formativas deberán garanti-la igualdade de oportunidades a tódolos traballadores portuarios.

A comisión tripartita de formación quedará obrigada a velar polo cumprimento das instruccións, normas ou resolucións que sexan establecidas pola comisión paritaria sectorial de estiba e desestiba.

Os traballadores están obrigados a asistir ós cursos de formación que sexan aprobados pola comisión paritaria sectorial de estiba e desestiba, por proposta da comisión tripartita da sociedade de estiba, en desenvolvemento do plan de formación que se estableza anualmente.

A asistencia obrigatoria ós cursos dá dereito ó traballador asistente, no suposto de que perdese a súa quenda de traballo, a ser nomeado con preferencia no seguinte chamamento.

Os cursos de formación impartiranse, preferentemente e sempre que sexa posible, fóra da xornada de traballo. A falta de asistencia ós cursos establecidos pola comisión sen causa xustificada seralle notificada á comisión mixta do II Acordo Sectorial.

As empresas estibadoras obríganse a participar na realización dos cursos de formación na forma establecida ou que se puidese establecer na comisión tripartita da comisión mixta do II Acordo Sectorial.

Artigo 31º.-Clasificación profesional. Promocións e ascensos.

As partes asumen o texto do Acordo sobre Clasificación Profesional das Sociedades de Estiba e Desestiba, subscrito con data do 14 de decembro de 1994 pola comisión mista de clasificación profesional das mencionadas sociedades (Resolución do 26 de xaneiro de 1995, da Dirección Xeral de Traballo), que entra a formar parte integrante deste convenio como anexo III.

Artigo 32º.-Promocións e ascensos.

De acordo co previsto no artigo 10.1.2/3 do II Acordo Sectorial, as partes conveñen os seguintes criterios, ós que se deberá axusta-lo sistema:

-Deberá afectar á totalidade dos traballadores portuarios independentemente do grupo profesional.

-Deberá respecta-la plena igualdade de oportunidades, sen prexuízo de gradua-las preferencias para o acceso a un grupo superior.

-Deberase axustar ás necesidades reais de ocupación, co fin de non crear expectativas de promoción inviables.

-Deberá ter en conta a sitación dos traballadores portuarios vinculados por relación laboral común e os vinculados por relación laboral de carácter especial.

-Deberá ter en conta a intervención do órgano cualificador da profesionalidade, que será único e contará con representantes dos traballadores e das empresas estibadoras presidido por un representante da sociedade estatal.

Mentres non se acorde os sistema de promoción e ascensos, manteranse as actuais cualificacións profesionais.

Capítulo VIII

Réxime disciplinario

Artigo 33º.-Procedemento.

A potestade disciplinaria para a avaliación e imposición de sancións por incumprimentos contractuais dos traballadores vinculados ás empresas estibadoras por relación laboral común correspóndelles exclusivamente a estas.

A potestade disciplinaria para a avaliación e imposición de sancións por incumprimentos contractuais dos traballadores vinculados por relación laboral especial coa sociedade de estiba correspóndelle exclusivamente a esta, aínda que, cando unha empresa estibadora considera que un traballador portuario do cadro de persoal da sociedade de estiba posto ó seu dispor, incorrese nun incumprimento contractual, comunicarallo inmediatamente por escrito á sociedade de estiba para que esta adopte as medidas cautelares e disciplinarias que considere convenientes no ámbito da súa competencia, sen prexuízo de que a sociedade de estiba poida acorda-las ditas medidas por propia iniciativa, de ter coñecemento da infracción.

As sancións que se lles impoñan ós traballadores portuarios, ben sexan de relación laboral especial ou de relación laboral común, efectuaranse sempre por escrito, calquera que sexa o grao da infracción, debéndose indica-los feitos que a motivan, a avaliación da falta segundo a súa grvidade, a sanción que se impón e a data en que se fará efectiva a sanción.

Tódalas sancións poderán ser impugnables directamente ante a xurisdicción laboral nos termos da Lei de procedemento laboral.

Non obstante isto, os traballadores sancionados poderán, facultativamente, presentar un escrito de descargos contra a sanción no que non poderán esixirlle á empresa a práctica de probas, pero ó que poderán xuntar aquela de que dispoñan ou que consideren conveniente achegar. O escrito de descargos deberase presentar dentro dos tres días hábiles seguintes á notificación da sanción e deberá ser resolto pola empresa que sancionase dentro dos tres días seguintes á recepción do escrito de descargos.

Se a empresa non contestase expresamente no prazo de tres días, entenderase tacitamente confirmada a sanción. Se contestase o escrito de descargos no sentido de modifica-lo acordo sancionador, quedará sen efecto a primeira cualificación da falta e a sanción e, contra a segunda, quedará aberta a vía do recurso xurisdiccional.

A presentación do escrito de descargos implicará a suspensión da sanción, e, consecuentemente, interromperá os prazos de prescrición da falta e das accións para recorrer contra ela, desde o momento da presentación do escrito de descargos e ata a data da resolución -expresa ou tácita- da empresa. No suposto de non se presentar escrito de descargos, quedará imposta a sanción.

Das sancións que se impoñan por faltas graves e moi graves daráselle conta ós representantes legais e sindicais dos traballadores.

Así mesmo, cando o traballador sexa representante legal dos traballadores ou delegado sindical establecerase, sen prexuízo do disposto no Estatuto dos traballadores, con carácter previo á imposición da sanción por faltas graves e moi graves, un prazo de tres días hábiles co fin de darlle audiencia a el e ós restantes membros da representación a que o traballador pertencese, así como ós delegados sindicais no suposto de que o traballador sancionado estivese afiliado a un sindicato e así constase na empresa.

Entenderase que o procedemento arriba indicado servirá, para tódolos efectos, de expediente contradictorio para os representantes legais e sindicais.

Para estes efectos non se computarán como días hábiles os sábados.

Artigo 34º.-Prescrición.

Das faltas:

As faltas leves prescribirán ós dez días, as graves ós vinte días e as moi graves ós sesenta días a partir da data en que a empresa que teña a potestade sancionadora tivese coñecemento da súa comisión e, en todo caso, ós seis meses de terse cometido.

Das sancións:

As sancións firmes impostas por faltas moi graves prescribirán ós noventa días, por faltas graves ós sesenta días e as impostas por faltas leves ós trinta días.

O prazo de prescrición comezará a contarse desde o día seguinte a aquel en que adquira firmeza o acordo polo que se impón a sanción.

Artigo 35º.-Estinción da responsabilidade disciplinaria.

A responsabilidade disciplinaria extínguese pola prescrición da falta, prescrición da sanción, cumprimento da sanción ou falecemento do traballador.

Artigo 36º.-Clasificación das faltas.

Faltas leves:

1. Faltar á lista de chamamento dous días consecutivos ou máis de dous alternos ó mes, sen xustificación, ou non facelo no prazo dos tres días seguintes á falta. Considérase falta á lista de chamamento a inobservancia das normas de control da asistencia establecida no porto.

2. De unha a tres faltas de puntualidade na asistencia ó traballo (máis de dez minutos de retraso), sen a debida xustificación durante o período dun mes.

3. Non comunicarlle á empresa os cambios de residencia ou domicilio.

4. As discusións sobre asuntos estraños ó traballo durante a xornada. Se tales discusións producisen escándalo notorio, poderán ser consideradas como falta grave.

5. Incorrer en pequenos descoidos na conservación dos materiais e útiles ou obxectos que o traballador teña ó seu cargo.

Faltas graves:

1. Faltar á lista de chamamento tres días consecutivos ou cinco alternos no período dun mes, sen xustifica-la súa causa dentro dos tres días seguintes a cada falta.

2. Máis de tres faltas non xustificadas de puntualidade na asistencia ó traballo cometidas durante o período dun mes. Cando tivese que relevar un compañeiro abondará unha soa falta de puntualidade para que esta se considere como falta grave.

3. A falta de asistencia ó traballo despois de ter sido contratado ou facelo cun retraso superior a unha hora por causa imputable ó traballador, abandonalo antes da finalización das operacións ou negarse a realiza-lo que lle corresponda segundo a quenda de rotación. Se, como consecuencia do anterior, se causase prexuízo de consideración ou fose causa de accidente, esta falta será considerada como moi grave.

4. Simula-la presencia dun traballador durante a lista de chamamento, ou a súa substitución no traballo por outro traballador, ou permutar para a realización de determinadas faenas sen coñecemento ou anuencia da empresa.

5. A neglixencia ou desidia no traballo que afecte á súa boa marcha, a diminución voluntaria do rendemento, ou retarda-lo cumprimento das ordes recibidas dos seus superiores, sen causa que habilite para isto.

6. Non comunicarlles ás empresas, coa puntualidade debida, os cambios experimentados na familia que poidan afectar á Seguridade Social, e que lle cause prexuízo á empresa. A falta maliciosa destes datos considerarase como falta moi grave.

7. A asistencia á lista de chamamento ó traballo así como a permanencia dentro da zona portuaria en estado de embriaguez ou derivado do consumo de drogas tóxicas, estupefacientes ou substancias psicotrópicas, cando non sexa habitual.

8. A negativa a someterse ós controis de alcoholemia, a requirimento da sociedade de estiba.

9. Ofender ou faltar ó respecto ós compañeiros de traballo. Se implicase quebranto da disciplina, ou dela se derivase prexuízo notorio para as empresas ou compañeiros de traballo, considerarase como falta moi grave.

10. Neglixencia na observación e cumprimento das normas ou instruccións sobre seguridade e hixiene ou das medidas que sobre a materia se deban observar. Se da dita neglixencia se derivase accidente, esta falta poderá ser considerada como moi grave.

11. A negativa por parte do traballador a utilizar medios de protección persoal ou a deteriorazión maliciosa deles.

12. A negativa a realizar traballos en horas extraordinarias ou de remate nos termos pactados en convenio colectivo.

13. Mal uso dos medios auxiliares de carga e descarga e instalacións dos peiraos que orixinen rotura ou maior desgaste do que normalmente produce o seu uso.

14. A imprudencia grave en acto de servicio. Se implicase risco de accidente para el ou para os seus compañeiros ou perigo de avaría para as instalacións poderá ser considerada como falta moi grave.

15. A negativa por parte do traballador a realizar labores en polivalencia ou mobilidade funcional, nos termos pactados en convenio colectivo e/ou acordos sectoriais.

16. A falta de comunicación polos capataces das infraccións realizadas polos traballadores que se encontren baixo as súas ordes. Se existise connivencia por parte do capataz, esta considerarase como moi grave.

17. Esixi-lo pagamento de gratificacións, primas ou outras remuneracións non previstas no convenio de aplicación, pola práctica de determinadas faenas.

Faltas moi graves:

1. Faltar ás listas de chamamentos durante catro veces consecutivas o 10 alternas no mes, sen xustificación ou non o facer dentro dos tres días seguintes a cada falta.

2. Máis de dez faltas non xustificadas de puntualidade na asistencia ó traballo cometidas nun período de seis meses.

3. As faltas inxustificadas ó traballo máis de tres días nun período dun mes.

4. A embriaguez e o estado derivado do consumo de drogas tóxicas, estupefacientes ou substancias psicotrópicas durante o traballo, sempre que fose habitual.

5. Orixinar liortas e pendencias cos compañeiros ou participar activamente nelas.

6. Permitiren os encargados ou capataces o traballo de persoal para a realización de labores incluídos no ámbito funcional do convenio colectivo de aplicación incumprindo as normas legais ou o pactado naquel.

7. Facer desaparecer, inutilizar, estragar ou causar avarías en útiles e ferramentas, máquinas, aparellos, instalacións, edificios, obxectos e documentos de forma voluntaria.

8. Causar accidentes por neglixencia ou imprudencia inescusables.

9. A simulación de enfermidade ou accidente.

10. A fraude, a deslealdade, o abuso de confianza, a transgresión da boa fe contractual e, en xeral, os actos que produzan prexuízo grave e desprestixio á empresa.

11. Revelar a elementos estraños ás empresas datos de reserva obrigada.

12. Proporcionar ou usar de información, declaracións ou documentos falsos, adulterados ou sabendo que son defectuosos para obter determinados beneficios económicos ou doutra índole.

13. Os malos tratos de palabra ou obra e a falta de respecto e consideración ós empresarios, encargados, capataces, así como ós compañeiros de traballo ou subordinados.

14. A desobediencia, considerándose como tal a negativa a efectua-lo traballo ordenado, infrinxíndose o disposto sobre obrigas dos traballadores.

15. O abuso de autoridade por parte dos encargados ou capataces respecto do persoal que lle estea subordinado, así como o esixir ou admitir deste dádivas, obsequios ou favores de calquera natureza.

16. A estafa, roubo ou furto, tanto ós compañeiros de traballo como de mercadorías.

17. Causar desperfectos, intencionadamente ou por neglixencia, na mercadoría manipulada.

18. Accidentarse intencionadamente ou prolongar, por algún procedemento de fraude, a normal curación das lesións consecutivas ó accidente.

19. O contrabando de mercadorías e/ou divisas con ocasión do traballo.

20. O rexeitamento por parte do traballador de dúas ofertas de emprego adecuadas ó seu grupo profesional e especialidade provenientes de empresas estibadoras que desexen establecer con el unha relación laboral común, de acordo co disposto na lexislación vixente.

21. A diminución continuada e voluntaria no rendemento de traballo normal ou pactado convenionalmente ou induci-los compañeiros a tal fin.

22. A participación en folga ilegal ou en calquera outra forma de alteración colectiva ilegal no réxime normal de traballo.

23. A negativa durante unha folga á prestación dos servicios mínimos.

Artigo 37º.-Sancións.

Por faltas leves:

-Amoestación por escrito.

-Suspensión de emprego e soldo de unha a tres quendas, ou igual número de días.

Por faltas graves:

-Suspensión de emprego e soldo de catro a quince quendas, ou igual número de días.

Por faltas moi graves:

-Suspensión de emprego e soldo de dezaseis a noventa quendas ou igual número de días.

-Despedimento.

Entenderase cumprida a sanción de suspensión de emprego e soldo regulada no presente apartado cando se cumprisen as quendas ou transcorresen igual número de días que as quendas sancionadas.

Capítulo IX

Seguridade e saúde no traballo

Artigo 38º.-Normativa sobre seguridade e sáude no traballo.

As partes conveñen en que mentres non se desenvolva o estipulado no artigo 12 do II Acordo Sectorial sobre medidas que adoptar para a mellora protección dos riscos de seguridade e saúde laboral, aplicaranse

com máximo rigor as normas contidas na Lei 31/1995, do 8 de novembro e as súas normas regulamentarias.

Sen prexuízo do disposto pola lexislación xeral sobre constitución e competencias dos comités de seguridade e saúde das empresas, e dadas as especificidades do traballo portuario no que realizan labores conxuntamente traballadores vinculados a diversas empresas, constituirase un comité de seguridade e saúde coas mesmas funcións e competencias que as previstas na lexislasción laboral básica sobre a materia e co mesmo ámbito funcional e persoal do presente convenio. As partes designarán os seus representantes no prazo de 15 días a partir da sinatura do convenio.

O delegado de prevención será o delegado de persoal.

Artigo 39º.-Medidas urxentes ante problemas de seguridade e saúde.

Sen prexuízo da facultades que lles corresponden á autoridade laboral e á Inspección de Traballo verbo dos problemas que poidan xurdir entre as partes por cuestións relacionadas coa seguridade e sáude, convense en que a comisión paritaria do convenio designará de común acordo un mediador con coñecementos e experiencia sobre a materia, o que as partes poidan acudir inmediatamente, cando se produzan controversias sobre as condicións de seguridade e sáude dunha determinda operación.

A función do mediador non será decisoria nin arbitral e só se limitará a manifesta-lo seu criterio e da-lo seu consello ás partes sobre o problema contovertido, propiciando a solución que considere máis idónea para a garantía da seguridade e o entendemento entre as posturas discrepantes.

Artigo 40º.-Roupa de traballo.

En cumprimento da normativa vixente, a sociedade estatal comprométese a entregarlles a tódolos traballadores os medios de protección e seguridade necesarios.

A tódolos traballadores, xa sexa en réxime común ou especial, adxudicaráselle-lo seu correspondente armario.

Capítulo X

Representación. Dereitos de reunión e información. Dereitos dos representantes dos traballadores. Dereitos sindicais

Artigo 41º.-Dereitos de reunión e información.

Sen prexuízo dos dereitos sindicais recoñecidos e declarados na lexislación vixente, os traballadores portuarios afectados polo presente convenio teñen os seguintes dereitos:

-A representación dos traballadores poderá convocar asembleas nos locais da sociedade estatal. Para

isto terán dereito ó uso dos salóns de nomeamento da sociedade estatal ou de calquera outro que esta poña o seu dispor, antes ou ó finaliza-los chamamentos diarios, sen máis requisitos que non interrompelos e logo de comunicación á dirección da sociedade estatal.

-A recibir información a través dos seus representantes.

-A que lle sexan facilitados, a título individual, os datos mecanizados polas empresas nos que conste información relativa á súa persoa.

Artigo 42º.-Dereitos da representación dos traballadores.

En igual sentido que o indicado no apartado anterior, os representantes legais dos traballadores teñen os seguintes dereitos:

-Uso de 40 horas mesuais acumulables retribuídas para a xestión sindical. Considéranse como tales as ocasionadas por viaxes con motivos sindicais, caso no que só se computarán as correspondentes ás quendas nas que lles correspondeu traballar efectivamente. A retribución das horas sindicais será a correspondente ó valor do xornal de oficial en xornada ordinaria.

Artigo 43º.-Dereitos sindicais.

Serán de aplicación os restantes acordos alcanzados no artigo 14 do II Acordo Sectorial, en relación cos dereitos que se regulan no presente artigo e nos dous anteriores.

Artigo 44º.-Representación para a negociación do convenio.

De conformidade co disposto no artigo 13 do II Acordo Sectorial, para os efectos de defini-la lexitimación para negociar convenios de ámbito inferior ó referido acordo sectorial, atribúeselle ós representantes dos estibadores de relación laboral especial e común incluídos no seu ámbito de aplicación, á sociedade estatal de estiba e ás empresas estibadoreas como sociais desta, por parte empresarial.

Debido á interrelación dos traballos realizados nos portos polos traballadores de relación laboral común e especial, e á consideración de colectivo único dispoñible para o servicio público de estiba e desestiba e os labores complementarios descritos no artigo 1º deste convenio cando estes últimos son realizados polas empresas estibadoras, as partes conveñen en sinalar como unidade mínima de negociación a establecida no presente convenio, sen que poida ser modificada polas partes.

Para estes únicos efectos e para os da representación dos traballadores, as actividades que realicen as empresas estibadoras como concesionarias do servicio público ou complementarios de estiba e deses

tiba que se describen no artigo 1º constituirán unha unidade independente das demais actividades dela á que quedaran adscritos unicamente os estibadores portuarios de cada empresa contratados a SEYDFE para a realización destes traballos, por relación laboral común.

Artigo 45º.-Función da Sociedad Estatal de Estiba y Desetiba del Puerto de Ferrol.

En cumprimento do obxecto que lles asigna ás sociedades estatais de estiba e desestiba o artigo 7 do Real decreto lei 2/1986, a Sociedad Estatal de Estiba y Desetiba del Puerto de Ferrol contribuirá á realización das actividades portuarias descritas no artigo 1º deste convenio facilitándolles ás empresas estibadoras os traballadores portuarios de profesionalidade acreditada, que lles sexan necesarios en cada momento para a súa execución, baixo os criterios de regularidade, eficacia e o menor custo posible do servicio.

Artigo 46º.-Persoal que preste servicio ás empresas estibadoras.

Para o cumprimento da función que se describe no artigo anterior, as empresas estibadoras contarán cos traballadores portuarios propios, contratados por relación laboral común, e os traballadores portuarios pertencentes ó cadro fixo da sociedade estatal, os servicios dos cales poderán solicitar en función das súas necesidades.

Artigo 47º.-Dirección e control da actividade laboral.

É competencia da sociedade estatal a asignación e formación dos distintos equipos de traballo conforme a facultade aludida no artigo 16º deste convenio.

A dirección, control e a responsabilidade das actividades laborais dos traballadores portuarios que interveñan nas operacións corresponderalle á empresa estibadora que os realice, e isto con independencia de se o fai con persoal propio de relación laboral común ou con persoal da sociedade estatal, se ben neste último caso, tal responsabilidade quedará limitada ó tempo en que os traballadores estean destinados ás operacións para as que fosen chamados pola empresa estibadora.

A transmisión e execución das ordes das empresas levarase a cabo obrigatoriamente a través da estructura orgánica dos traballadores portuarios.

Os traballadores comprométense a realiza-las tarefas que lles sexan asignadas, en calquera das empresas estibadoras, cumprindo as ordes impartidas por estas sempre que as ditas ordes respecten o negociado no convenio colectivo con respecto ás relacións

laborais dos traballadores con relación laboral eepecial e dos traballadores con relación laboral común.

Artigo 48º.-Prelación e concorrencia de normas.

As normas do presente convenio serán de aplicación ás relacións laborais incluídas no seu ámbito de aplicación.

Así mesmo serán aplicables.

-O Real decreto lei 2/1986, do 23 de maio, e o Real decreto 371/1987, do 13 de marzo; o Estatuto dos traballadores e demais disposicións legais e regulamentarias do Estado con suxeición á xerarquía normativa en canto sexan normas mínimas ou de dereito necesario absoluto.

-O II Acordo Sectorial, subscrito o 18 de outubro de 1998 (BOE do 16 de novembro de 1993).

Artigo 49º.-Melloras sociais.

A empresa manterá as melloras sociais que ata o de agora se viñan desfrutando, da seguinte maneira:

Seguros de vida: establecerase un seguro de accidentes con capitais en caso de morte ou invalidez permanente por unha contía de 4.250.000 pesetas.

Asistencia: establécese unha cantidade de 197.864 e 202.019 pesetas/ano, para os anos 1997 e 1998 respectivamente, para efectos asistenciais, que será entregada pola empresa ós representantes do persoal.

ANEXO I

Táboa de salarios 1997

CategoríaSalario

base

Xornada

normal e

intensiva

Xornada

nocturna

Xornada

sábado ou

seminocturna

Xornada frío

ou especial

día

Xornada frío

ou especial

noite

Xornada frío

ou especial

sábado

Cambio

de

operación

Salario

mensual

garantido

Capataz75.88410.450

(2.519)

13.818

(3.362)

13.189

(2.942)

12.571

(3.144)

15.926

(4.056)

15.676

(3.601)

7.211169.484

Controlador de mercadorías75.8849.358

(2.201)

13.380

(3.073)

12.751

(2.635)

11.245

(2.767)

15.012

(3.480)

14.537

(3.123)

6.213169.484

Oficial manipulante75.8848.890

(2.137)

12.131

(2.917)

11.502

(2.529)

10.366

(2.645)

13.194

(3.274)

13.275

(2.959)

5.943169.484

Estibador75.8848.579

(1.862)

11.316

(2.588)

11.013

(2.225)

10.153

(2.448)

12.978

(3.073)

12.478

(2.761)

5.746169.484

Nota: entre parénteses quedan recollidos os distintos valores das horas de remate en cada tipo de xornada.

Táboa de salarios 1998

CategoríaSalario

base

Xornada

normal e

intensiva

Xornada

nocturna

Xornada

sábado ou

seminocturna

Xornada frío

ou especial

día

Xornada frío

ou especial

noite

Xornada frío

ou especial

sábado

Cambio

de

operación

Salario

mensual

garantido

Capataz77.47810.669

(2.572)

14.108

(3.433)

13.466

(3.003)

12.835

(3.210)

16.260

(4.141)

16.005

(3.677)

7.362173.043

Controlador de mercadorías77.4789.555

(2.247)

13.661

(3.137)

13.019

(2.690)

11.481

(2.825)

15.328

(3.553)

14.843

(3.189)

6.344173.043

Oficial manipulante77.4789.077

(2.182)

12.386

(2.978)

11.744

(2.582)

10.583

(2.701)

13.471

(3.343)

13.554

(3.021)

6.067173.043

Estibador77.4788.760

(1.901)

11.553

(2.642)

11.244

(2.272)

10.367

(2.499)

13.250

(3.137)

12.740

(2.819)

5.866173.043

Nota: entre parénteses quedan recollidos os distintos valores das horas de remate en cada tipo de xornada.

ANEXO II

Cláusula adicional

Acórdase expresamente que o ámbito persoal do presente convenio colectivo se estenderá exclusivamente ós traballadores portuarios que teñan a condición de fixos da Sociedad Estatal de Estiba y Desestiba del Puerto de Ferrol, S.A. con relación laboral especial, ós traballadores portuarios que suspendan temporalmente a relación laboral especial coa sociedade estatal de estiba e constitúan unha relación laboral común cunha empresa estibadora, de conformidade co establecido no artigo 10 de Real decreto lei 2/1986, do 23 de maio, e ós traballadores acollidos a disposicón transitoria segunda, 2, pará

grafo 3ºdo devandito real decreto lei, a quen, para efectos de evitar indesexadas tensións dentro do colectivo laboral das súas respectivas empresas, se procederá a integrar plenamente dentro deste convenio, nun prazo máximo de 9 anos.

ANEXO III

Clasificación profesional das sociedades

de estiba e desestiba

O artigo 10.1º.1 do II Acordo Sectorial agrupa as funcións portuarias dos estibadores en catro grupos profesionales e é criterio das partes que as descricións das ditas funcións coincidan, na súa xeneralidade, cos referidos grupos de tal forma que os

únicos límites para a mobilidade funcional sexan os propios grupos e a cualificación profesional do traballador en función da especialización alcanzada para diversas tarefas.

A denominación dos grupos profesionais será a seguinte:

Grupo I: estibador.

Grupo II: oficial manipulante.

Grupo III: controlador de mercadoría.

Grupo IV: capataz.

As funcións correspondentes a cada un dos grupos profesionais esta contidas nos documentos que se xuntan.

Os traballadores portuarios realizarán as funcións correspondentes ó seu grupo profesional e especialidade recoñecida. No suposto de estaren en posesión de diversas especialidades, o nomeamento efectuarase segundo a orde que convencionalmente se acorde en cada porto. Nunha mesma xornada poderanse realizar tódalas funcións correspondentes ás especialidades do grupo profesional do traballador.

A existencia de especialidades dentro dun grupo profesional non limita, de ningún modo, a mobilidade e polivalencia dos traballadores pertencentes a el e, en todo caso, vén dada polo grao de preparación e formación destes para realizar determinadas tarefas.

Cando non existan traballadores dispoñibles para a realización de funcións dunha especialidade, o nomeamento efectuarase entre os do outro grupo profesional que, non tendo sido nomeados para realizaren funcións correspondentes ó seu, teñan acreditada a especilidade pedida.

Tódolos traballadores desempeñarán en réxime de polivalencia, se as necesidades do servicio así o esixen, ocupacións distintas ás do seu grupo profesional cando teñan acreditada idoneidade profesional para estas, de acordo coas normas de polivalencia existentes no ámbito da sociedade estatal.

No que non estea regulado polo presente convenio, observarase o disposto nos artigos 10.1º.2 e 10.1º.3 do II Acordo Sectorial.

A descrición e enumeración das funcións e especilidades de cada grupo non presupón a obrigatoriedade da súa existencia en tódolos portos.

Tódolos criterios aquí pactados aplicaranse de conformidade co que estableza a lexislación vixente.

Grupo I. Estibador.

É o profesional portuario que realiza as tarefas de manipulación de mercadorías na carga/descarga, estiba/desestiba e labores complementarios, tanto na adega coma na cuberta dos buques e na totalidade da zona de servicio do porto baixo as ordes do seu superior.

Estas tarefas agrúpanse de forma indicativa da seguinte forma:

-Preparación, maniplación e retirada do material auxiliar nas operacións de carga, incluído o material auxiliar de carga utilizado por todo tipo de medios mecánicos (eslingas, bragas, estrobos, redes, palés, tacos de madeira, calzos, cabaletes, etc.) e realializando as operacións correspondentes, eslingado, atado, etc.

-Formación de unidades de carga (palés) e vultos soltos en buques, tinglados ou explanadas, así como o baleirado e enchido de contedores tanto a bordo como en terra.

-Realización de todo tipo de operacións del impeza tanto en adega como en explanadas cando o tipo de carga así o esixa.

-Realización de operacións de trincaxe, tanto en adega como na cuberta dos buques, sempre e cando non as realicen as tripulacións dos buques.

-Realización de funcións de sinalización tanto en cuberta como en terra mediante a emisión de sinais manuais ou outros medios, cando así o determine o convenio colectivo para este grupo.

-E, en xeral, calquera labor complementario dos anteriores, incluídos cantos traballos se deriven da manipulación de pesca fresca, no suposto de buques de máis de 100 toneladas sempre e cando non exista pacto coa súa tripulación.

Dado o grao de mecanización crecente das actividades deste grupo, para todo o anterior utilizará tódolos medios mecnánicos que a operativa esixa.

Grupo II. Oficial manipulante.

É o profeisonal portuario manipulante de maquinaria que, con coñecementos de mecánica, hidráulica e lectricidade, conduce e manipula os diferentes vehículos empregados na operativa portuaria e en calquera outra manipulación ou desprazamento de mercadoría dentro das intalacións portuarias.

Así mesmo, e con coñecementos sobre sinalización de operacións, cando así o determine o convenio colectivo para este grupo, pode realizar funcións de oficial de cuberta dirixindo os movementos de elevación, traslado en suspensión, ata o posterior estibado en adega ou depósito en peirao de mercadorías e continentes mediante a emisión de sinais manuais ou outros medios, ós operadores de guindastres, puntais, dispositivos de succión/extracción, aparellos e elementos similares.

As funcións do oficial manipulante agrúpanse en:

1. Manipulación de maquinaria pequena, gallos de menos de 8 toneladas.

2. Manipulación de maquinaria pequena, pinzas, algodón e bobinas de papel.

3. Manipulación de maquinaria grande maior de 8 toneladas.

4. Manipulación de maquinaria con quinta roda (MAFFIS).

5. Conductores de camión.

6. Manipulación de vancarriers.

7. Manipulación de trastainers.

8. Manipulación de pa de limpeza, pa cargadora e pa de adega.

9. Manipulación de guindastres eléctricos.

10. Manipulación de guindastres móbilies pneumáticos.

11. Manipulación de guindastres-pórtico.

12. Conducción de vehículos non comprendidos no artigo 2.d) do Real decreto lei 2/1986.

As especialidades aquí enumeradas e aquelas que no futuro se incorporen por causa dos avances tecnolóxicos non se constitúen como subdivisións deste grupo profesional, non limitando por tanto a mobilidade funcional, e tendo a súa única razón de existencia o grao de capacitación/formación dos traballadores portuarios encadrados neste grupo profesional.

As funcións xerais deste grupo son as seguintes:

-Recoller no parque de maquinaria as que lle sexan asignadas polo capataz ou empresa estibadora e realiza-las comprobacións de estado da máquina e os seus controis antes e despois da operación.

-Comunicarlle ó capataz ou empresa estibadora calquera anomalía de máquina, antes, durane e despois da operación.

-Manipula-la máquina respectando a sinalización en ormas de seguridade e hixiene cara ás persoas e as de calidade e seguridade cara á mercadoría.

Grupo III. Controlador de mercadoría.

É o profesional portuairo que planifica, coordina e controla físcia e administrativamente os movementos de mercadorías e os seus continentes, número e peso de unidades, situación e localización de elementos, clasificación, identificación, recepción, entrega, verificación da relación de mercadorías obxecto de carga, descarga e labores complementarios, recontos, ritmos e frecuencias, etc. relativos ás operativas portuarias do dito ámbito, mediante a palicación de procedementos técnico-administrativos de obtención e fixación de datos, elaboración e procesamento da información e transmisión de resultados, inspección ocular, etc.

Para todo o anterior terá ó seu dispor a documentación correspondente ás ordes, plans e programas relativos ás operativas portuarias do dito ámbito, transmitindo a quen corresponda (capataz, empresa estibadora, oficialidade do buque, transportista, etc.) a información que elabore, sendo responsable da súa obtención, veracidade, exactitude e constancia documental.

Grupo IV. Capataz.

É o profesional portuario que dirixe e coordina, baixo a dirección e instruccións da empresa estibadora, as operacións portuarias, incluídos os servicios auxiliares ou complementarios, sendo responsable do desenvolvemento da operación e do equipo, con independencia da súa procedencia, informando puntualmente a dita empresa do seu desenvolvemento e incidencias.

É o responsables directo do equipo no referente a rendementos, seguridade (sen prexuízo do establecido no Real decreto lei 2/1986) e disciplina no ámbito funcional e espacial da operativa portuaria, así como da calidade e seguridade na manipulación da mercadoría e dos medios técnicos que se utilizan.

Entre as súas funcións destacan:

-O control da planificación e programación do traballo do seu equipo, da orde de carga e o plano de estiba baixo as ordes da empresa estibadora.

-A distribución e organización das diferentes tarefas entre o conxunto dos traballadores asignados á operación co fin de obte-lo máximo rendemento.

-A vixilancia do cumprimento dos rendementos previstos e das súas ordes ó equipo durante toda a operación, realizando todo tipo de partes relativos á súa función: traballo, accidentes, etc.

-A atención e, se é o caso, adopción das suxestións provenientes dos mandos do buque, da empresa estibadora ou do seu propio equipo de traballo.

-A supervisión da preparación, manipulación e retirada dos medios técnicos postos ó servicio da operación.

Cando se realicen operacións simultáneas nas que estean implicados varios capataces, a empresa estibadora poderá designar un responsable xeral que asuma, respecto do conxunto, a responsabilidade da coordinación dos labores que se realicen nun ou varios buques ou nunha área determinada da zona de servicio do porto.

En todo caso, entenderase que o responsable xeral, no caso de que a empresa estibadora coide necesaria a súa designación, deberá ser nomeado de entre o persoal portuario do grupo de capataces.