Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 11 de febreiro de 1999 Páx. 1.564

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal entre as rúas número 8, avenida Luis Rocafort e paseo Praia de Silgar de Sanxenxo.

A Corporación Municipal deste Concello, en sesión plenaria celebrada o día 23 de decembro de 1998, acordou prestar aprobación definitiva ó expediente de modificación puntula das normas subsidiarias de planeamento municipal entre as rúas número 8, avenida Luis Rocafort e paseo praia de Silgar de Sanxenxo.

De conformidade co establecido no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, a modificación aprobada deberá publicarse no Diario Oficial de Galicia e no BOP. Así mesmo, deberá publicarse no BOP o documento que conteña a normativa e as ordenanzas.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor directamente, e no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na Coruña, logo da comunicación ó órgano autor do acto ó que se refire o artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ser prexuízo de que poida exercerse, se é o caso, calquera outro recurso que considere procedente.

Sanxenxo, 12 de xaneiro de 1999.

J. Luis Rodríguez Lorenzo

Alcalde