Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 11 de febreiro de 1999 Páx. 1.564

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA

EDICTO.

Aprobada inicialmente polo Pleno da Corporación, en sesión do 30 de decembro de 1998, a proposta de modificación puntual nº 3 e 4 das normas subsidiarias de planeamento deste Concello de Vilanova de Arousa, en cumprimento do disposto polo artigo 42 da Lei do solo de Galicia, queda exposto ó público o expediente nas oficinas municipais, polo prazo dun mes, durante o que poderá ser examinado e formularse contra el cantas observacións ou reclamacións se coiden oportunas.

Este edicto insertarase no DOG e no BOP de Pontevedra, así como nun xornal dos de maior tirada de Galicia. O período para exame e presentación de reclamións, iniciarase, en todo caso, a partir do día seguinte o da súa inserción no citado Diario Oficial de Galicia.

Vilanova de Arousa, 9 de xaneiro de 1999.

Gonzalo Durán Hermida

Alcalde