Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 11 de febreiro de 1999 Páx. 1.563

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudio de detalle presentado pola mercantil Miraflores Sanxenso, S.L., para modificacion e ampliación da rede viaria e ordenación de volumes en Miraflores (Sanxenxo).

A Corporación Municipal deste Concello, en sesión celebrada o día 23 de decembro de 1998, acordou prestar aprobación definitiva ó estudio de detalle promovido pola entidade Miraflores Sanxenxo, S.L.

para a modificación e ampliación da rede viaria e ordenación de volumes en Miraflores (Sanxenxo).

Faise público para efectos determinados no artigo 70.2º da Lei 7/1985, en consonancia co 48.2º da lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor directamente, e no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na Coruña, logo da comunicación ó órgano autor do acto, ó que se refire o artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que poida exercerse, se é o caso, calquera outro recurso que considere procedente.

En Sanxenxo, 12 de xaneiro de 1999.

J. Luis Rodríguez Lorenzo

Alcalde