Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 11 de febreiro de 1999 Páx. 1.555

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 4 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación do acordo de iniciación dos procedementos sancionadores de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres 98/051 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-lo acordo de iniciación dos procedementos sancionadores por infracción administrativa da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres (BOE nº 74, do 28), por non ser posible a súa notificación.

Noméase instructora do procedemento a Ana María Díaz López, funcionaria desta delegación, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación dos procedementos, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguínte ó da publicación desta notificación, para que poidan examina-los expedientes na Delegación Provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de servicios múltiples, Monelos, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuaren alegacións no prazo anterior, estes acordos de iniciación poderán ser considerados proposta de resolución determinándose, para estes efectos, o importe das sancións.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples, Monelos-A Coruña.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9).

A Coruña, 4 de xaneiro de 1999.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: 98/051.

Denunciada: Yebra Rodríguez, Rosa Mª.

DNI: 34.601.276.

Último domicilio coñecido: Navas de Tolosa, 20-4º C, Moaña (Pontevedra).

Feito denunciado: circular e estacionar en zona prohibida.

Tipificación Regulamento CEN:

Artigo: 38.13º.

Cualificación: leve.

Sanción proposta: 15.000 ptas.

Expediente: 98/060.

Denunciado: Gil, Jorge José.

DNI: 2.237.586-P.

Último domicilio coñecido: Pan e Toros, 43-5º B, Madrid.

Feito denunciado: acampar en zona prohibida.

Tipificación Regulamento CEN:

Artigo: 38.3º.

Cualificación: leve.

Sanción proposta: 15.000 ptas.

Expediente: 98/064.

Denunciada: Iglesias Pena, Inmaculada.

DNI: 44.129.380-Q.

Último domicilio coñecido: Francisco LLoréns, 7, A Coruña.

Feito denunciado: acampar en zona prohibida.

Tipificación Regulamento CEN:

Artigo: 38.3º.

Cualificación: leve.

Sanción proposta: 15.000 ptas.