Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 11 de febreiro de 1999 Páx. 1.556

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 4 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución dos procedementos sancionadores de conservación de espacios naturais e da flora e fauna silvestres 98/033 e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución dos procedementos sancionadores por infracción da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres (BOE nº 74, do 28), por non ser posible a súa notificación.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberán emprega-los impresos que lles serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples, Monelos-A Coruña.

De non efectua-lo pagamento voluntario, dispoñen os interesados dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coiden pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente, remitiránselle ó delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente para a resolución do procedemento.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9).

A Coruña, 4 de xaneiro de 1999.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: 98/033.

Denunciado: Martínez Silva, Carlos.

DNI: 35.553.068.

Último enderezo coñecido: Pedreira-Marín.

Feito denunciado: circular por zona prohibida.

Tipificación Regulamento CEN:

Artigo: 38.13º.

Cualificación: leve.

Sanción proposta: 15.000 ptas.

Expediente: 98/063.

Denunciado: Suárez Mohino, Cristina.

DNI: 32.825.176.

Último enderezo coñecido: Avda. Exército, 25-10º Drta. A Coruña.

Feito denunciado: acampar en zona prohibida.

Tipificación Regulamento CEN:

Artigo: 38.3º.

Cualificación: leve.

Sanción proposta: 15.000 ptas.

Expediente: 98/069.

Denunciado: García Pérez, Juan.

DNI: 5.363.214.

Último enderezo coñecido: Belleza, nº 4, Madrid.

Feito denunciado: circular por zona prohibida.

Tipificación Regulamento CEN:

Artigo: 38.13º.

Cualificación: leve.

Sanción proposta: 15.000 ptas.

Expediente: 98/082.

Denunciado: Alonso Leiros, José.

DNI: 36.016.575.

Último enderezo coñecido: Castelos Costa, Vigo (Pontevedra).

Feito denunciado: circular e estacionar en zona prohibida.

Tipificación Regulamento CEN:

Artigo: 38.13º.

Cualificación: leve.

Sanción proposta: 15.000 ptas.