Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 11 de febreiro de 1999 Páx. 1.554

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 4 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución do procedemento sancionador de conservación de espacios naturais e da flora e a fauna silvestres 98/004.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la resolución do procedemento sancionador por infracción da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación de espacios naturais e da flora e fauna silvestres (BOE nº 74, do 28), por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia nº 311.000.118/1

da Caixa de Aforros de Galicia, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación. Para efectualo deberán emprega-lo impreso normalizado, que lle será facilitado nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples, Monelos-A Coruña. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobro pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co previsto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso ordinario, perante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes, contado igualmente a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 4 de xaneiro de 1999.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: 98/004.

Denunciado: Transportes Atlas.

Último domicilio coñecido: r/ García Barbón, 68. Vigo (Pontevedra).

Feitos denunciados: circular e estacionar en zona prohibida.

Tipificación Regulamento de CEN: artigo: 38.13º.

Cualificación: leve.

Sanción: 15.000 ptas.