Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 11 de febreiro de 1999 Páx. 1.554

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 1999, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación estatutaria da Asociación Gallega de Empresa y Dirección (AGED).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral, se presentou, o día 20 de xaneiro de 1999, a acta da asemblea xeral extraordinaria do 12 de abril de 1998, expedida polo secretario da devandita asociación, avalada co visto e prace do seu presidente, na que se recolle o acordo acadado por unanimidade e que se concreta na modificación dos artigos 2 e 7 dos vixentes estatutos.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 1999.

María José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais