Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 11 de febreiro de 1999 Páx. 1.554

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 1999, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Federación Gallega del Granito.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Federación Gallega del Granito que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita federación as asociacións galegas de empresas dedicadas ás actividades extractoras, elaboradoras ou colocadoras de granito, así como tamén as asociacións afíns de fabricantes e empresas comercializadoras de maquinaria necesaria para isto, ou de materiais de consumo e reposición utilizados no sector.

Asinan a acta de constitución: representantes da Asociación Galega de Graniteiros e representantes da Asociación de Canteiros de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 1999.

María José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais