Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 11 de febreiro de 1999 Páx. 1.553

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 1999, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Centros de Economía Social de Galicia (ACES-Galicia).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Centros de Economía Social de Galicia (ACES-Galicia) que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación as empresas educativas ou centros pertencentes a cooperativas de calquera clase, sociedades anónimas laborais, sociedades de responsabilidade limitada laborais, mutuas, mutualidades, asociacións, fundacións e calquera outra entidade pertencente á economía social que desenvolva a súa actividade docente no seu ámbito territorial.

Asinan a acta de constitución: Antonio Pérez Vega, en representación da sociedade cooperativa limitada

Colexio Privado Ferroviario, e dezasete persoas máis en representación doutras tantas entidades.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 1999.

María José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais