Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 11 de febreiro de 1999 Páx. 1.552

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso mediante o procedemento aberto e o trámite de urxencia, para a subministración de productos de alimentación, limpeza e hixiene sanitaria para a Residencia Asistida da Terceira Idade de Vigo e o Centro de Atención a Minusválidos Psíquicos de Redondela.

De conformidade co establecido na Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de atribucións nos órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-los seguintes concursos:

* Expediente 1/1999:

-Obxecto: subministración de carnes, froitas e verduras para a Residencia Asistida da Terceira Idade de Vigo

-Orzamento do contrato: 18.335.000 ptas. (dezaoito millóns trescentas trinta e cinco mil pesetas).

* Expediente 2/1999:

-Obxecto: subministración de conxelados e peixe fresco para a Residencia Asistida da Terceira Idade de Vigo.

-Orzamento do contrato: 16.310.000 ptas. (dezaseis millóns trescentas dez mil pesetas pesetas).

* Expediente 3/1999:

-Obxecto: subministración de pan e bolería, lácteos e derivados e varios para a Residencia Asistida da Terceira Idade de Vigo.

-Orzamento do contrato: 18.120.000 ptas. (dezaoito millóns cento vinte mil pesetas).

* Expediente 4/1999:

-Obxecto: subministración de material sanitario e material de limpeza e aseo para a Residencia Asistida da Terceira Idade de Vigo.

-Orzamento do contrato: 21.781.000 ptas. (vinteún millóns setecentas oitenta e unha mil pesetas).

* Expediente 5/1999:

-Obxecto: subministración de productos alimenticios para o Centro de Atención a Minusválidos Psíquicos de Redondela.

-Orzamento do contrato: 21.533.000 ptas. (vinteún millóns cincocentas trinta e tres mil pesetas).

* Expediente 6/1999:

-Obxecto: subministración de productos de limpeza e aseo para o Centro de Atención a Minusválidos Psíquicos de Redondela.

-Orzamento do contrato: 8.548.000 ptas. (oito millóns cincocentas corenta e oito mil pesetas).

Condicións de licitación:

1. Prazo de execución: desde a data de adxudicación ata o 31 de decembro de 1999.

2. Admisión de variantes: non se admitirán variantes ou alternativas na subministración.

3. Garantía provisional: non se esixe.

4. Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto e trámite de urxencia.

5. Clasificación: non se esixe.

6. Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas (Lei 13/1995, do 18 de maio, BOE nº 119, do 19 de maio).

7. Solvencia técnica: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 18 da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Criterios de adxudicación:

* Calidade: 6 puntos.

* Prezo: 5 puntos.

* Servicio: 4 puntos.

* Execución a plena satisfacción de servicios semellantes: 3 puntos.

* Que a empresa teña no seu cadro de persoal un número de traballadores minusválidos non inferior ó 2% nos termos establecidos na disposición adicional 8 da LCAP: 1 punto.

9. Documentación que presentarán os licitadores: a esixida na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Exposición de documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas poderán ser examinados na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra ou nas súas dependencias en Vigo (rúa Cánovas del Castillo, s/n), durante o prazo de presentación de proposicións, desde as 10 ás 14 horas, en días hábiles agás sábados. Así mesmo, poderán examinarse na propia Residencia Asistida da Terceira Idade (Monte Arieiro s/n Bembrive) e no Centro de Atención a Minusválidos Psíquicos de Redondela (Bº Parada 87-Chapela-Redondela) ou ben no Servicio de Administración e Xestión Económica da Dirección Xeral de Servicios Sociais e nos Servicios de Xestión Económica das restantes delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

11. Presentación de proposicións: efectuarase no Rexistro Xeral da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra ou nas súas dependencias en Vigo, en sobres pechados en horario de 9 a 14 horas, ou ben por correo con xustificación da data de imposición e a comunicación o mesmo día ó órgano de contratación mediante telegrama ou telefax.

12. Prazo de presentación de proposicións: será de 13 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

13. Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, na sala de xuntas da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra en Vigo.

Se coincidise en sábado ou festivo terá lugar o día hábil seguinte á mesma hora.

14. Os gastos derivados deste anuncio serán por conta das empresas adxudicatarias.

Vigo, 25 de xaneiro de 1999.

P.D. (Orde 21-4-1998)

Mª Dolores Pan Vázquez

Delegada provincial de Pontevedra