Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 11 de febreiro de 1999 Páx. 1.551

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia concurso, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación do servicio de apoio informático na Residencia Asistida da Terceira Idade de Vigo.

De conformidade co establecido na Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de atribucións nos órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar concurso, por procedemento aberto e trámite de urxencia para a contratación do servicio de apoio informático na Residencia Asistida da Terceira Idade de Vigo.

-Orzamento do contrato: 2.580.000 ptas. ó ano (dous millóns cincocentas oitenta mil pesetas), 215.000 ptas. ó mes.

-Garantía provisional: 51.600 ptas. (cincuenta e unha mil seiscentas pesetas)

-Clasificación: non se esixe.

Condicións de licitación:

1. Prazo de execución: desde a data de adxudicación ata o 31 de decembro de 1999.

2. Admisión de variantes: non se admitirán variantes ou alternativas no servicio.

3. Forma de adxudicación: concurso, procedemento aberto e trámite de urxencia.

4. Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas (Lei 13/1995 do 18 de maio, BOE nº 119 do 19 de maio).

5. Solvencia técnica: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 19 da Lei 13/1995.

6. Criterios de adxudicación: os expostos na cláusula 11 das follas de especificacións incluídas no prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Documentación que presentarán os licitadores: a esixida na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Exposición de documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas poderán examinarse na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra ou nas súas dependencias en Vigo (rúa Cánovas del Castillo, s/n), durante o prazo de presentación de proposicións, desde as 9 ás 14 horas, en días hábiles, agás sábados. Así mesmo, poderán examinarse na propia Residencia Asistida da Terceira Idade (Monte Arieiro, s/n -Bembrive) ou ben no Servicio de Administración e Xestión Económica da Dirección Xeral de Servicios Sociais e nos Servicios de Xestión Económica das restantes delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

9. Presentación de proposicións: efectuarase no rexistro xeral da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra ou nas súas dependencias en Vigo, en sobres pechados en horario de 9 a 14 horas, ou ben por correo con xustificación da data de imposición e a comunicación o mesmo día ó órgano de contratación mediante telegrama ou telefax.

10. Prazo de presentación de proposicións: será de 13 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

11. Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, na sala de xuntas da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra en Vigo. Se coincidise en sábado ou festivo terá lugar o día hábil seguinte á mesma hora.

12. Os gastos derivados deste anuncio serán por conta das empresas adxudicatarias.

Vigo, 25 de xaneiro de 1999.

P.D. (Orde 21-4-1998)

Mª Dolores Pan Vázquez

Delegada provincial de Pontevedra