Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 11 de febreiro de 1999 Páx. 1.550

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia concurso, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación do servicio de limpeza de diversos centros.

De conformidade co establecido na Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de atribucións nos órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar concurso, por procedemento aberto e trámite de urxencia para a contratación dos servicios de limpeza que se indican:

* Área de servicios sociais de Vigo:

-Orzamento do contrato: 4.900.800 ptas. (catro millóns novecentas mil oitocentas pesetas).

-Garantía provisional: 98.016 ptas. (noventa e oito mil dezaseis pesetas).

-Clasificación: non se esixe.

* Centro base de Vigo:

-Orzamento do contrato: 3.015.000 ptas. (tres millóns quince mil pesetas).

-Garantía provisional: 60.300 ptas. (sesenta mil trescentas pesetas).

-Clasificación: non se esixe.

* Centro base de Pontevedra:

-Orzamento do contrato: 4.047.000 ptas. (catro millóns corenta e sete mil pesetas).

-Garantía provisional: 80.940 ptas. (oitenta mil novecentas corenta pesetas).

-Clasificación: non se esixe.

* Residencia da 3ª idade de Campolongo:

-Orzamento do contrato: 9.650.100 ptas. (nove millóns seiscentas cincuenta mil cen pesetas).

-Garantía provisional: 193.002 ptas. (cento noventa e tres mil dúas pesetas).

-Clasificación: non se esixe.

* Centro de atención a minusválidos psíquicos de Redondela:

-Orzamento do contrato: 8.641.200 ptas. (oito millóns seiscentas corenta e unha mil dúascentas pesetas).

-Garantía provisional: 172.824 ptas. (cento setenta e dúas mil oitocentas vintecatro pesetas).

-Clasificación: non se esixe.

Condicións de licitación:

1. Prazo de execución: desde a data de adxudicación ata o 31 de decembro de 1999.

2. Admisión de variantes: non se admitirán variantes ou alternativas no servicio.

3. Forma de adxudicación: concurso, procedemento aberto e trámite de urxencia.

4. Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas (Lei 13/95 do 18 de maio, BOE nº 119 do 19 de maio).

5. Solvencia técnica: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 19 da Lei 13/1995.

6. Criterios de adxudicación: os expostos na cláusula 10 das follas de especificacións incluídas no prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Documentación que presentarán os licitadores: a esixida na cláusula 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Exposición de documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas poderán examinarse na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra ou nas súas dependencias en Vigo (rúa Cánovas del Castillo, s/n), durante o prazo de presentación de proposicións, desde as 9 ás 14 horas, en días hábiles agás sábados. Así mesmo, poderán examinarse no servicio de Administración e Xestión Económica da Dirección Xeral de Servicios

Sociais e nos servicios de Xestión Económica das restantes delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

9. Presentación de proposicións: efectuarase no rexistro xeral da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra ou nas súas dependencias en Vigo, en sobres pechados en horario de 9 a 14 horas, ou ben por correo con xustificación da data de imposición e a comunicación o mesmo día ó órgano de contratación mediante telegrama ou telefax.

10. Prazo de presentación de proposicións: será de 13 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

11. Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, na sala de xuntas da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra en Vigo. Se coincidise en sábado ou festivo terá lugar o día hábil seguinte á mesma hora.

12. Os gastos derivados deste anuncio serán por conta das empresas adxudicatarias.

Vigo, 25 de xaneiro de 1999.

P.D. (Orde 21-4-1999)

Mª Dolores Pan Vázquez

Delegada provincial de Pontevedra