Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 11 de febreiro de 1999 Páx. 1.546

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 98/876-RCI.10.013).

Ós efectos previstos no Decreto 2617/1966 do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Jema Creaciones Infantiles, S.A.,

con enderezo social na Pega, s/n, Trasancos (Santa Cecilia) Ferrol (A Coruña), para a autorización administrativa dunha planta de coxeración composta polas seguintes instalacións:

-Un motor aternativo de 219 kW alimentado por gasóleo C.

-Un xerador sicrono trifásico de 350 kVA.

-Un transformador de 400 kVA e relación de transformación 20 kV/380 V.

-Un transformador para servicios auxiliares de 100 kVA e relación de transformación 20 kV/380 V.

-Instalacións de almacenamento de combustible, conexión, protección, mando, sinalización e medida.

Lugar onde se vai establece-la instalación: factoría da empresa na Pega, s/n, Trasancos (Santa Cecilia) Ferrol (A Coruña).

Orzamento: 23.907.650 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 29 de decembro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña