Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 11 de febreiro de 1999 Páx. 1.547

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación do acordo de iniciación do procedemento sancionador de epizootias 272SA/98.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que con esta data resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei do 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE nº 358, do 23 de decembro), e do seu Regulamento do 4 de febreiro de 1955, modificado, entre outros, polo R.D. 1665/1976, do 7 de maio, polo que se actualizan as sancións (BOE nº 174, do 21-6-1976), por non ser posible a súa notificación.

Noméase intructora do procedemento a Paloma Puente Sánchez, funcionaria desta delegación, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para que poidan examina-los expedientes na Delegación Provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos, e para presentar, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas, considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuaren alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin o expediente. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos, A Coruña.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

A Coruña, 19 de xaneiro de 1999.

Rogelio del Valle Muñoz-Cobo

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: 272SA/98.

Denunciado: Gigirey Múgico, Enrique.

DNI: 33.018.421.

Último enderezo coñecido: Garabal-San Caetano, Santiago de Compostela (A Coruña).

Feitos denunciados: negarse á realización da campaña de saneamento gandeiro, na súa explotación.

Tipificación da infracción Regulamento de epizootias: 1º da Lei de epizootias e 10.2º da Orde 4-4-1997 en Relac. co 224 do Regulamento de epizootias.

Sanción: 100.000 ptas.