Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 11 de febreiro de 1999 Páx. 1.546

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 19 de xaneiro de 1999, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se notifican as resolucións dictadas en recursos interpostos contra resolucións de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente LU-00593-O-98).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as resolucións dos recursos interpostos contra as resolucións dos expedientes sancionadores instruídos por infraccións da normativa reguladora dos transportes terrestres.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal

Superior de Xustiza de Galicia, no plazo de dous meses, contado desde o día seguinte ó da publicación de esta cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13.763.620 da Caixa Postal de Aforros, sucursal de Santiago de Compostela.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Composteal o 19 de xaneiro de 1999.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

ANEXO

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

LU-00593-O-98

M-2178-LM

G.C. Tráfico

Mª Humildad Martín González

Sarratu, 22-1º

48970 Basauri (Vizcaia)

Circular transportando 7 vehículos, carecendo da tarxeta de transportes, vehículo de servicio público.

30-3-1998; 15.45; N VI; 497

Art. 90 da Lei 16/1987 e

Art. 41 do R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei 16/1987

Art. 201 R.D. 1211/1990

250.000 ptas. precintado do vehículo