Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 10 de febreiro de 1999 Páx. 1.500

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/422-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C., R.B.T., Avda. Mahia, 58.

Situación: Ames.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 60 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T. Canelas (expediente 13457) e final no C.T.C. Avda. de Mahia, 58 que se vai instalar. Centro de transformación en soto de edificio, de 400 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Avda. de Mahia, 58 do que parten da rede subterránea de baixa tensión en conductor R.V. de 80 m e rede aérea en conductor R.Z. de 15 m. Ames.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 8 de xaneiro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

556