Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 10 de febreiro de 1999 Páx. 1.500

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/423-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C. Camiño de Candame s/n.

Situación: Arteixo.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión a 15 kV baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al de 530 m de lonxitude, con orixe na liña Arteixo-Lañas (ex

pediente 27134) e final no C.T. Camiño de Candame s/n, que se vai instalar. Centro de transformación en soto edificiación, de 400 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV. Arteixo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 8 de xaneiro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

555