Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 10 de febreiro de 1999 Páx. 1.500

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/400-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Pazos.

Situación: Boqueixón.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 559 m de lonxitude, en LA-56 que parte da L.M.T. a C.T. Lestedo e final no C.T. Pazos. L.M.T. aérea a 20 kV de 15 m de lonxitude en LA-56 que parte da L.M.T. a C.T. Lestedo e final no C.T. Pazos norte. C.C.T.T. de 50 kVA c/u en Pazos e Pazos norte. Concello de Boqueixón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 4 de xaneiro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

557