Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 10 de febreiro de 1999 Páx. 1.499

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se aproba o proxecto de execución, se autoriza e se declara de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, da L.M.T., C.T., R.B.T. Albarde, Prado, Areas, que afecta ó termo municipal de Pantón. (Expediente 13/1998).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por petición de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio para os efectos de notificación na rúa Sáenz Díez, 45, Ourense, que solicita aprobación de proxecto, autorización administrativa e declaración da utilidade pública da instalación eléctrica de referencia.

Cumpridos os trámites sinalados no artigo 52 da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, e os ordenados nos capítulos III do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e nos capítulos III e IV do regulamento de aplicación da Lei 40/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, de aplicación ó presente expediente segundo o establecido pola disposición transitoria primeira da indicada Lei 40/1994, aplicable en virtude da Instrucción do 14-11-1996, do conselleiro de Industria e Comercio, e en virtude do establecido nas disposicións transitoria primeira e segunda da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, entre os que cabe citar o de información pública e notificación ós titulares.

Vista sobre o terreo a traza da liña eléctrica proxectada, obsérvase que nela non se dá ningunha das prohibicións ou limitacións ás que se refiren respectivamente os artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, en concordancia co artigo 56 da Lei 40/1994 antes citada e entendido que as demáis observacións non teñen entidade suficiente para paraliza-la tramitación do expediente.

Sendo competente este organismo, con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1983, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio de competencias atribuídas polos decretos 2617/1966 e 2619/1966,

RESOLVO:

Primeiro.-Autorizarlle a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. o establecemento da dita instalación eléctrica, coas seguintes características principais:

-Liña de media tensión aérea, 20 kV, a Souto, orixe na L.M.T. a C.T. Cimadevila, e final no C.T. Souto, cunha lonxitude de 0,226 km, conductores LA-56/54,6 mm, apoios de formigón e chapa. Liña de media tensión a Rachelo, 20 kV, orixe na L.M.T. a C.T. Vilar de Ordelle, final no C.T. Rachelo, de 0,101 km de lonxitude, conductor LA-56/54,6 mm, apoios de formigón. Centro de transformación en Souto, de 50 kVA, 20.000/380-220 V. Centro de transformación en Rachelo, de 50 kVA, 20.000/380-220 V. Liña de baixa tensión en Albarde, Prado e Souto, orixe no C.T. Souto, de 1,71 km de lonxitude, apoios de formigón, en conductores R.Z.-0,6/1 kV, 2x25, 3x25, 3x50 e 3x95 AI. Liña de baixa tensión Areas, Rachelo, orixe no C.T. Rachelo de 0,73 km, conductores R.Z.-0,6/1 kV, 2x25, 3x25, 3x50, 3x95 AI, apoios de formigón. Liña de baixa tensión Pesqueiras, orixe no C.T. Freán, de 1,07 km, apoios de formigón.

Segundo.-Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica autorizada, coas consecuencias establecidas no artigo 53 da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e de urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente, levará implícita a autorizaicón para o establecemento ou paso da instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso ou servicio público, ou patrimoniais do Estado, ou das comunidades autónomas, ou de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio, obras e servicios destes e zonas de servidume pública.

Terceiro.-Prestar aprobación ó seu proxecto de execución, unha vez cumpridos os trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966, e visto o contido do informe técnico de 15 de maio de 1998, entendido que os extremos que nel se recollen non teñen entidade suficiente para non proceder á súa aprobación.

Cuarto.-En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, acordo que polo representante da Administración se dea comezo ó levantamento das actas previas á ocupación dos predios contidos nas relacións públicadas no BOP de Lugo do 20 de outubro e corrección de erros do 11 de novembro, Diario Oficial de Galicia do 8 de outubro e corrección de erros do 2 de novembro e no diario El Progreso do 25 de setembro de 1998 e corrección de erros do 3 de novembro e expostas no taboleiro oficial desta delegación provincial, nos días e horas que a cada interesado se lle notifique individualmente. Ata o momento do levantamento das actas, poderanse formula-las alegacións, por escrito, que se consideren pertinentes ós efectos de rectificar posibles erros na relación de bens afectados, ante esta delegación provincial.

Esta resolución non é definitiva na vía administrativa, e contra ela poderase interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación/publicación.

Lugo, 4 de xaneiro de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

558