Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 09 de febreiro de 1999 Páx. 1.434

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/397-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C. e R.B.T.S. na rúa A Cerca.

Situación: Cariño.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor

R.H.V. 12/20 kV, de 3 (1x240) mm Al, de 360 m de lonxitude, con orixe na liña subterránea Sagrón-Río Chancelas e remate na mesma liña unha vez entre e saia do C.T. rúa A Cerca, que se vai instalar. Centro de transformación prefabricado na rúa A Cerca, de 250 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, do que parte rede de baixa tensión subterránea de 160 m de lonxitude en conductor R.V. Cariño.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 23 de decembro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña