Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 09 de febreiro de 1999 Páx. 1.434

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 1998 pola que se lle dá publicidade á resolución de adxudicación do concurso, polo procedemento negociado, sen publicidade dun contrato de subministración de equipamento e adecuación do laboratorio do Centro de Granitos de Galicia no Porriño (Pontevedra).

Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Industria e Comercio.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Industria.

Numero de expediente: 7/98.

Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: subministración.

Descrición do obxecto: dota-lo laboratorio do Centro de Granitos do Porriño do equipamento complementario necesario que corrixa as deficiencias actuais e se adapte ás vindeiras normas europeas sobre pedra natural, e acceder á acreditación do laboratorio por ENAC para ensaio, control e certificación dos granitos.

Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Procedemento: negociado sen publicidade.

Orzamento base de licitación: once millóns cento sesenta e cinco mil pesetas.(11.165.000 ptas.).

Adxudicación.

Data: 5 de novembro de 1998.

Contratista: Cordidáctica, S.A.

Nacionalidade: española.

Importe de adxudicación: once millóns cento trinta e cinco mil pesetas.(11.135.000 ptas.).

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 1998.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio