Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 09 de febreiro de 1999 Páx. 1.434

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/291-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C. rúa do Pedregal, 20.

Situación: Ames.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, bixo tubo e con conductor R.H.V.-12/20 kV de 3 (1x240) mm Al, de 450 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta os CC.TT. Mahía 59 e Mahía 154, e remate no C.T. Pedregal, que se vai instalar. Centro de transformación en edificio vivendas, de 250 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, na rúa Pedregal, 20 de Ames.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 23 de decembro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña