Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 09 de febreiro de 1999 Páx. 1.427

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 15 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica a resolución do expediente sancionador con referencia E.S. 9/1998.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona, a resolución do expediente sancionador contra ela instruído pola Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña.

A partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, en virtude do disposto no artigo 24.3º do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora), dispón dun prazo dun mes para interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia.

«Visto o expediente sancionador nº E.S. 9/1998, seguido a Juan Carlos García Santirso, con domicilio último en rúa Barcelona, 121, local 19, da Coruña, como responsable dunha infracción administrativa da lexislación reguladora das instalacións e empresas instaladoras de gas.

Resultando que mediante diversas denuncias, se puxeron en coñecemento deste órgano administrativo, os seguintes feitos:

1. A citada empresa instaladora figura como razón social da empresa Revi-gas, ambos en ignorado paradoiro.

2. Que Revi-gas utiliza traballadores para seus servicios sen que conste a debida comunicación a esta delegación, sendo entre outros os seguintes: José Ángel Quiroga Riglera, Guillermo Hidalgo Roces, Juan Antonio Sánchez Pizarro, Daniel Álvarez Zambranos e José Cordero Gómez, non constando a súa alta na Seguridade Social tanto na empresa Servi-gas como en Juan Carlos García Santirso.

3. Que non consta que tanto a citada empresa, como Juan Carlos García Santirso que figura como razón social, expidan nas súas revisións o correspondente certificado establecido no artigo 22 do Real decreto 1085/1992, do 11 de setembro (BOE do 9 de outubro) polo que se aproba o Regulamento da actividade de distribución de gases licuados do petróleo, así como o punto 9.5 do anexo B da orde do Ministerio de Industria e Enerxía do 17 de decembro de 1985, pola que se aproba a instrucción sobre instaladores autorizados de gas e empresas instaladoras.

Igualmente realizaron operacións de revisión a persoas non autorizadas (segundo o previsto nos puntos 1 e 2 da última das normas citadas).

4. Revi-gas non acredita nesta delegación ser unha empresa instaladora de gas legalmente establecida.

Resultando que a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña, acordou a incoación do expediente sancionador mediante acordo do 15-6-1998, no que se contiña a identidade da autoridade competente para resolve-lo expediente e a do instructor do procedemento.

Resultando que o instructor do expediente nitificou os feitos imputados, as infraccións cometidas e as sancións que se é o caso poderían recaer, con obxecto de que no prazo de quince días, ou en calquera momento anterior a dictarse a resolución, puidera o infractor contesta-la acusación realizada, recusa-lo instructor, tomar audiencia e vista do expediente, propoñer probas e alegar canto tivera por conveniente para a mellor defensa do seu dereito.

Que, por estar en ignorado paradoiro, se publicou no Diario Oficial de Galicia do 5 de outubro de 1998 a iniciación do expediente, coa indicación de que en caso de non formular alegacións, serviría como proposta de resolución.

Resultando que dentro do prazo establecido non se presentou escrito de descargos e alegacións.

Considerando que Juan Carlos García Santirso incorre nos seguintes feitos sancionables:

1. Non comunica-lo cambio de domicilio para efectos de notificacións e localización de operacións realizadas (artigo 9.2º da Orde do 17-12-1985).

2. Conta con persoal que efectúa revisións non autorizado (artigo 1 e 2 da orde do Ministerio de Industria do 17-12-1985).

3. Carece de local e medios técnicos e económicos para desenvolve-la actividade (artigo 10.2º.5).

4. Non acreditar ter no seu cadro de persoal, na actualidade, un instalador autorizado da categoría IG.II (artigo 10.2º.1).

Considerando que nesta delegación é competente para resolver este expediente en virtude do disposto no Decreto 99/1998, do 26 de marzo (Diario Oficial de Galicia do 2) e no Decreto 5/1987, do 14 de xaneiro (Diario Oficial de Galicia do 23), e que o procedemento seguido observou tódolos trámites legais e regulamentarios establecidos e os principios informadores da potestade sancionadora, respectando os dereitos do presunto responsable e tendo en conta as circunstancias adversas e favorables ó infractor.

Considerando que os feitos son constitutivos de infracción administrativas leves, de conformidade co disposto nas disposicións sinaladas no primeiro considerando desta resolución.

Vistos os antecedentes mencionados, as disposicións citadas e as demais normas de xeral e pertinente aplicación, teño a ben dicta-la seguinte resolución:

Primeiro.-Sancionar a Juan Carlos García Santirso coa multa de 150.000 pesetas por cada unha das catro infraccións administrativas especificadas nos considerandos primeiro e terceiro desta resolución.

Segundo.-Notifíqueselle a presente resolución ó interesado coa indicación de que, de conformidade co establecido no artigo 107 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, poderá interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes, ben a través desta delegación ou directamente ante o competente para resolvelo».

A Coruña, 15 de xaneiro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

342