Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 09 de febreiro de 1999 Páx. 1.427

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 18 de decembro de 1998, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relacionan aumentos de base impoñible pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Martínez Machado, Mª Bernardina e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse aumentos de base impoñible pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polas oficinas liquidadoras do distrito hipotecario de Redondela en aplicación do artigo 52 da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación

deste anuncio, ante as oficinas sinaladas no parágrafo anterior, con enderezo na rúa Castro San Pedro, 3-1 C, Redondela, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 18 de decembro de 1998.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesada: Martínez Machado, Mª Bernardina.

Barrio de Saramagoso, 3-A. O Viso-Redondela.

DNI: 36.003.426.

Procedemento: aumento base impoñible.

Exp. T-242/97.

Interesado: Martínez Machado, Jacobo Manuel.

Barrio de Saramagoso, 3-A. O Viso-Redondela.

DNI: 77.001.105.

Procedemento: aumento base impoñible.

Exp. T-242/97.

Interesado: Ute Gartner, Geb. Puchmuller.

Cachero, 28. Bembrive-Vigo.

DNI: M5400085F.

Procedemento: aumento base impoñible.

Exp. 1459/95.