Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 05 de febreiro de 1999 Páx. 1.340

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILA DE CRUCES

EDICTO.

No BOP de Pontevedra, nº 240, con data do 15 de decembro de 1998, aparecen publicadas as bases rectificadas polo Pleno do Concello en sesión celebrada o día 19 de novembro de 1998, para prove-la praza seguinte:

Denominación: garda da policía local, pertencente á escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, grupo D.

Titulación esixida: graduado escolar, formación profesional de 1º grao ou equivalente.

Nº de prazas: unha.

Sistema de acceso: oposición libre.

Dereitos de exame: 3.000 pesetas.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no BOE. As instancias presentadas no prazo da convocatoria anterior seguiranse tendo en conta sempre e cando por parte dos interesados non sexa retirada esta.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse no BOP de Pontevedra, e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

Vila de Cruces, 5 de xaneiro de 1999.

O alcalde-presidente

Rubricado