Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 05 de febreiro de 1999 Páx. 1.340

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADEO

ANUNCIO.

De conformidade co disposto no artigo 121 da Lei 1/1997, do 4 de marzo, do solo de Galicia, faise público que o Concello Pleno, en sesión celebrada o día 28 de decembro de 1998, acordou aprobar inicialmente, por instancia de Valentín Izquierdo Rodríguez, a modificación do polígono urbanístico número 9 do PXOU excluíndo do seu ámbito unha parcela de 1.308 m que constituirá un novo polígono independente.

Durante o prazo de vinte días hábiles contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, as persoas interesadas poderán examina-lo expediente nas oficinas municipais e presentar, se é o caso, as reclamacións que consideren oportunas. No suposto de que non se presentase ningunha reclamación ou alegación, o acordo entenderase elevado automaticamente a definitivo.

Ribadeo, 7 de xaneiro de 1999.

José Carlos Rodríguez Andina

Alcalde