Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 05 de febreiro de 1999 Páx. 1.340

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

XESTIÓN URBANÍSTICA DE LUGO, S.A.

ANUNCIO de concurso das obras de urbanización do parque empresarial de Quiroga.

Sistema de pago mixto: en metálico e en parcelas resultantes da urbanización.

Prazo de ofertas: trinta días naturais, contados a partir da publicación deste anuncio no DOG.

Examen do proxecto técnico, bases do concurso e presentación das ofertas de 10 a 13 horas nas oficinas de:

Xestión Urbanística de Lugo, S.A. (Xestur-Lugo) Praza de San Domingo nº 6-5º de Lugo.

O presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Rubricado