Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 05 de febreiro de 1999 Páx. 1.339

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 1999, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a subministración sucesiva de paquetes preventivos para usuarios de drogas por vía parenteral. (C-44/99).

Obxecto e orzamento: subministración sucesiva de paquetes preventivos para usuarios de drogas por vía parenteral, por un importe máximo de trinta millóns de pesetas (30.000.000 de ptas., IVE incluído).

Solvencia económica e financeira: deberá acreditarse conforme o previsto no punto 8 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia técnica: deberá acreditarse conforme o previsto no punto 8 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de execución: ver punto 4.2 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódese solicitar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

Garantías: o 2% do orzamento de licitación, que se constituirá segundo o disposto no artigo 36 da Lei de contratos das administracións públicas.

Admisión de variantes: non se admiten.

Criterios de adxudicación: ver punto 7 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no punto 10.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais no edificio administrativo San Caetano (ático á norte), a partir das 9.30 horas do terceiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 1999.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos