Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 05 de febreiro de 1999 Páx. 1.339

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CELANOVA

ANUNCIO.

Formulados os avances dos plans especiais (PERIS) do contorno do Mosteiro de San Salvador de Celanova e do Burgo Medieval de Vilanova dos Infantes e sometidos a coñecemento do Pleno do Concello na sesión do 21 de xaneiro de 1999, quedan expostos ó público polo prazo de dous meses, contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para efectos de suxestións, propostas e posibles convenios urbanísticos.

Ó mesmo tempo, faise saber que o pleno da corporación na sesión arriba citada, acordou o seguinte:

Suspende-lo outorgamento de licencias de parcelación, edificación e demolición para todo o ámbito de actuación dos PERIS do contorno do mosteiro de San Salvador e do Burgo Medieval de Vilanova dos Infantes, durante o prazo e cos efectos previstos no artigo 34.3º da Lei do solo de Galicia, contado

a partir da última publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ou no BOP de Ourense.

As licencias solicitadas e debidamente rexistradas con anterioridade á adopción do presente acordo e que afecten as áreas de actuación obxecto de suspensión, continuarán a súa tramitación, someténdose, previamente á súa resolución, ós informes preceptivos, tanto da Consellería de Cultura como dos técnicos municipais.

Celanova, 25 de xaneiro de 1999.

O alcalde

Rubricado