Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 05 de febreiro de 1999 Páx. 1.338

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 13 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da iniciación do expediente sancionador 15-912/1998, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º, da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a resolución do expediente nº 15-912/1998, por infracción en materia de defensa do consumidor.

O que se lle comunica ó interesado para que no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ó desta notificación, efectúe as actuacións preliminares, a presentación de cantas alegacións ou informacións considere convenientes, e se é o caso

a proposición e práctica de probas, advertindo ó interesado de que lle queda posto de manifesto o expediente, e que, de non efectuar alegacións ó contido do presente acordo de iniciación, este poderá ser considerado como proposta de resolución.

Expediente: 15-912/1998.

Inculpado: Necso Entrecanales y Cubiertas, S.A.

Domicilio: Cabo Santiago Gómez, nº 8, 1º, local 11, A Coruña.

Motivos: publicidade enganosa.

Data da resolución: 21-12-1998.

A Coruña, 13 de xaneiro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial do Instituto Galego

de Consumo