Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 05 de febreiro de 1999 Páx. 1.328

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 1999 pola que se nomea catedrático de escola universitaria da área de coñecemento de economía aplicada, do departamento de Economía Aplicada, a Iago Santos Castroviejo (praza 124/1997).

Consonte a proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso, convocado por resolución da Uiversidade de Vigo do 19 de decembro de 1997 (BOE do 19 de xaneiro de 1998), para a provisión dunha praza de catedrático de escola universitaria da área de coñecemento de economía aplicada, do departamento de Economía Aplicada, a prol de Iago Santos Castroviejo con documento nacional de identidade número 34.624.135, e cumprindo o interesado os requisitos do número 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Iago Santos Castroviejo catedrático de escola universitaria da área de coñecemento de economía aplicada, do departamento de Economía Aplicada.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no BOE.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo consonte co establecido na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, dentro do prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no BOE.

Vigo, 18 de xaneiro de 1999.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo