Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 05 de febreiro de 1999 Páx. 1.329

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 1999 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de traducción e interpretación, do departamento de Traducción, Lingüística e Teoría da Literatura, a Áurea Fernández Rodríguez (praza 119/1997).

Consonte a proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 19 de decembro de 1997 (BOE do 19 de xaneiro de 1998) para a provisión dunha praza de profesora titular de universidade da área de coñecemento de traducción e interpretación, do departamento de Traducción, Lingüística e Teoría da Literatura, a prol de Áurea Fernández Rodríguez con documento nacional de identidade número 34.252.820, e cumprindo a interesada os requisitos do punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Áurea Fernández Rodríguez profesora titular de universidade da área de coñecemento de traducción e interpretación, do departamento de Traducción, Lingüísitca e Teoría da Literatura.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no BOE.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo consonte co establecido na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, dentro do prazo de 2 meses, contados a partires do día seguinte ó da publicación da presente resolución no BOE.

Vigo, 18 de xaneiro de 1999.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo