Consonte a proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 19 de decembro de 1997 (BOE do 19 de xaneiro de 1998) para a provisión dunha praza de catedrático de universidade da área de coñecemento de teoría do sinal e comunicacións, do departamento de Tecnoloxía das Comunicacións, a prol de Fernando Pérez Fontán con documento nacional de identidade número 35.435.037, e cumprindo o interesado os requisitos do número 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Fernando Pérez Fontán catedrático de universidade da área de coñecemento de teoría do sinal e comunicacións, do departamento de Tecnoloxía das Comunicacións.
Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado,
que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no BOE.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo consonte co establecido na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, dentro do prazo de 2 meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no BOE.
Vigo, 18 de xaneiro de 1999.
Domingo Docampo Amoedo
Rector da Universidade de Vigo