Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 04 de febreiro de 1999 Páx. 1.294

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 1999, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Galega de Odontoestomatoloxía en Atención Primaria.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servivio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estautos da Asociación Galega de Odontoestomatoloxía en Atención Primaria, que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación tódolos que posúan o título de estomatólogo ou odontólogo e teñan unha praza en propiedade ou interinidade como odontoestomatólogo na atención primaria de Galicia.

Asinan a acta de constitución: Ángel Darío Pose Nieto e trinta e nove persoas máis.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 1999.

María José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais