Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 04 de febreiro de 1999 Páx. 1.295

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 1999, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación estatutaria do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CC.LL).

En cumprimento do disposto no artigo 4º da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou o día 30 de decembro de 1998, a acta do V congreso do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CC.LL) asinada pola secretaria, Elvira Trinidad Xove, co visto e prace do presidente, Xesús Lois Mariño López, na que se recollen as modificacións estatutarias aprobadas no devandito congreso celebrado o 19 de decembro de 1998 en Santiago de Compostela, e que consiste nunha nova redacción dos estatutos.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 1999.

María José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais