Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 04 de febreiro de 1999 Páx. 1.294

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Empresarial de Industriales y Comerciantes de la Zona de As Travesas-Vigo (Aetravi).

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Empresarial de Industriales y Comerciantes de la Zona das Travesas-Vigo (Aetravi), que abarca os seguintes ámbitos:

Territorial: local.

Profesional: asociación empresarial.

Asinan a acta de constitución: José Blanco Fernández, e outros.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 11 de xaneiro de 1999.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra