Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 04 de febreiro de 1999 Páx. 1.294

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de modificación dos estatutos da Agrupación de Defensa Sanitaria (ADS) de Silleda e outros.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Agrupación de Defensa Sanitaria (ADS) de Silleda e outros, que abarca os seguintes ámbitos:

Territorial: local.

Profesional: profesionais do gando porcino.

Asinan a acta de modificación dos estatutos: Antonio Nercellas Rodríguez, e outros.

A modificación dos estatutos depositados poderá ser examinada por calquera persoa interesada.

Vigo, 11 de xaneiro de 1999.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra