Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 04 de febreiro de 1999 Páx. 1.293

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de xaneiro de 1999, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación estatutaria de Asociación de Entidades de Inspección y Control Reglamentario de la Comunidad Gallega (Aenicre-Galicia).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou o día 21 de decembro de 1998 a acta da xunta xeral extraordinaria do 22 de maio expedida polo secretario da devandita asociación, avalada co visto e prace do seu presidente, na que se recolle o acordo acadado por unanimidade e que se concreta na variación das siglas da Asociación de Entidades de Inspección y Control Reglamentario de la Comuniadad Gallega (Aenicre-Galicia), que no sucesivo e en virtude da dita modificación, se denominará Asorco-Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 1999.

María José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais