Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 04 de febreiro de 1999 Páx. 1.293

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de xaneiro de 1999, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público a modificación estatutaria da Asociación Galega de Psicopedagoxía dos Equipos Psicopedagóxicos de Apoio (Agapsi).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que, no correspondente servicio desta dirección xeral, presentouse o día 22 de decembro de 1998, certificación expedida polo secretario da dita asociación, Carlos Mariño Castro, avalada co visto e prace da súa presidenta, Mª Teresa Pulido Picouto, na que se reflicten os acordos acadados nas asembleas xerais extraordi

narias, celebradas o 14-5-1998 e 14-10-1998 consistentes, respectivamente, na ampliación do ámbito dos asociados, a tódolos psicólogos/as e pedagogos/as que estean desempeñando funcións de orientación no ensino non universitario, e na modificación do nome da asociación, que no sucesivo e en virtude da dita modificación, se denominará Asociación Galega de Psicopedagoxía (Agapsi).

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 1999.

María José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais