Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 04 de febreiro de 1999 Páx. 1.293

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o acordo de disolución da Asociación Gallega de Almacenistas de Aluminio (Asgal).

De acordo coa normativa legal vixente na materia, e para o seu coñecemento xeral, procédese a comunicar que:

No correspondente servicio desta dirección xeral foi depositada, do día 9 de decembro de 1998, acta da asemblea extraordinaria da Asociación Gallega de Almacenistas de Aluminio (Asgal) asinada polas persoas representantes das empresas membros dela, na que se fai consta-lo acordo acadado por unanimidade, e que consiste na disolución da dita asociación.

Santiago de Compostela, 30 decembro de 1998.

María José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais